Reunión coas familias do alumnado de 6ºP

Un ano máis estamos a realizar as xornadas informativas coas familias e o alumnado de 6º de Educación Primaria dos colexios adscritos. O obxectivo é que coñezan o centro e as novidades coas que se atoparán co inicio dos estudos de ESO.

O vindeiro mércores 10 de xuño teremos unha reunión coas familias as 7,30 da tarde para despexar as posibles dúbidas que poidan existir sobre a próxima escolarización do alumnado.

Finalizaremos estas xornadas coa visita do alumnado dos dous CEIPs o xoves 11 de xuño. Verán as instalacións e unha presentación coas actividades máis frecuentes que se realizan no IES así como as materias que terán que cursar.

Xornadas de orientación para as familias

Como todos os cursos realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos o vindeiro curso e podan efectuar unha a matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: MARTES 2 DE XUÑO ÁS 7,30 DA TARDE.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: XOVES 11 DE XUÑO ÁS 7,30 DA TARDE.

Exames extraordinarios de maio. EPA

Calendario dos exames extraordinarios de maio. 1º cuadrimestre EPA e PCPI. enlace

Exames extraordinarios de maio. ESO

Calendario dos exames extraordianrios de maio. ESO. enlace

Curso on line de seguridade TIC e menores

El curso "Seguridad TIC y menores de edad" se plantea con la finalidad de que padres, madres, tutores y educadores conozcan e interioricen los diferentes riesgos a los que se pueden enfrentar los menores de edad, en su uso cotidiano de las nuevas tecnologías de la información y la comunicación (TIC).

No seguinte enlace tedes toda a información e podedes rexistrarvos para participar nel. enlace

Alimentación actividade física e saúde

O día 21 de abril teremos no IES unha charla dentro do ciclo de conferencias "Alimentación, actividade física e saúde". Este ciclo organizado pola Real Academia de Mediciña e Cirurxía de Galicia co patrocinio da Diputación de A Coruña xurdíu pola necesidade de dar resposta aos problemas de sobrepeso e sedentarismo que afecta a un sector importante da poboación e cada vez a persoas máis novas.

CONCURSO DÍA DO LIBRO

Anímate a participar no concurso de recomendacións de lecturas.

Podes participar dende o xoves 16 ata o martes 21 de abril, ou ben na biblioteca en formato papel, ou ben neste enlace.

O xoves 23 de abril, día mundial do libro entregaranse os premios.

Alumnado premiado no concurso de guións contra a violencia de xénero.

O pasado 9 de abril alumnado de 4º de ESO recibiu o premio do concurso de guións contra a violencia de xénero convocado pola Diputación da Coruña. O resultado foi acordado por unanimidade, polo que aumenta o mérito do traballo presentado.

ABRIL 2015- CONCURSOS NA BIBLIOTECA

Neste mes de abril multiplícanse os concursos na biblioteca do teu centro.

      

 

Powered by Drupal - Design by artinet