Charla-coloquio sobre a mononucleose infecciosa.

O Centro de Saúde e o Centro Social do Concello de Outes organizaron desde o mes de outubro pasado as IX XORNADAS DE INFORMACIÓN SOCIO-SANITARIA. Dentro deste Ciclo, o xoves 29 de xaneiro, ás 6 e media da tarde, terá lugar a próxima charla-coloquio: MONONUCLEOSE INFECCIOSA (ENFERMIDADE DO BICO E AS SÚAS COMPLICACIÓNS), impartida polo pediatra de noia Dr. JORGE FERNÁNDEZ JIMÉNEZ.

CAMBIO DE CUADRIMESTRE ESA

Durante o mes de febreiro remata o módulo 3 de Educación Secundaria para Adultos e comeza o módulo 4.

Aquí tedes as datas:

Microvideos contra a violencia de xénero

Patrocinado polo CIM do Concello de Outes o alumnado de 2º de PCPI elaborou unha serie de curtas contra a violencia de xénero.

Na galería pódense ver as imaxes do proceso. acceso

Finalmente foron visionados na casa da cultura do Concello de Outes. ver vídeo

 

Concurso de guións contra a violencia de xénero

A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades con motivo do Día contra a Violencia de Xénero entre os que destaca o primeiro concurso de guións sobre esta temática para a mocidade de entre 14 e 18 anos.

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: PROPOSTA DE PELÍCULAS

Hoxe , 25 de novembro, conmemórase a nivel Internacional o Día contra a Violencia de Xénero. Aínda que é unha efeméride que nos gustaría non ter que lembrar, deixamos aquí un pequeno tríptico con películas que de algunha maneira aboran o tema e nos poden axudar a reflexionar e a cambiar actitudes.

ALUMNADO ADMITIDO EN 2º DE PCPI. CURSO 2014 - 15

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO EN 2º CURSO DE PCPI.

INICIO DE CURSO 2014 - 15. E.S. ADULTOS

Probas de avaliación inicial

Científico-matemático ...................................... 15 de setembro ás 19:00 h.

Comunicación …............................................... 16 de setembro ás 19:00 h.

Social …............................................................ 17 de setembro ás 19:00 h.

INICIO DAS CLASES

2º PCPI  ............................ Presentación o luns 22 de setembro ás 19:00 h.

MÓDULOS 3 / 4 …........... Presentación o luns 22 de setembro ás 19:45 h.

NOTA: O módulos 1 e 2 non se impartirá este curso polo baixo número de alumnado matriculado e a redución do número de profesores.

Exames de setembro ESO. Curso 2013-14

No arquivo adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro. Enlace

A entrega de notas será o xoves 4 de setembro de 10 a 11 horas.

É importante que se formalice a matrícula en canto se coñezan os resultados para poder pechar os grupos. O seguinte curso comezará o luns 15 de setembro.

Exames de setembro EPA. Curso 2013-14

No arquivo adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro. Enlace

O prazo de matrícula para o seguintes curso será do 1 ao 10 de setembro.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Un ano máis rematamos o curso co festival Rock in Tines 2014. Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos das actuacións.

PARTE A PARTE B PARTE C

Powered by Drupal - Design by artinet