Alimentación actividade física e saúde

O día 21 de abril teremos no IES unha charla dentro do ciclo de conferencias "Alimentación, actividade física e saúde". Este ciclo organizado pola Real Academia de Mediciña e Cirurxía de Galicia co patrocinio da Diputación de A Coruña xurdíu pola necesidade de dar resposta aos problemas de sobrepeso e sedentarismo que afecta a un sector importante da poboación e cada vez a persoas máis novas. Nesta ocasión contamos coa intervención do Presidente da RAMYCGA, o Dr José Carro Otero, que estará acompañado por Santiago Carro Varela, tricampeón galego de culturismo e  nutricionista e preparador deportivo. Con este dobre enfoque do problema poderemos asistir a unha moi interesante charla na que o alumnado de 3º e 4º de ESO obterá información moi práctica e clara para aplicar nas súas actividades diarias.

Powered by Drupal - Design by artinet