Acto de entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal convocado pola biblioteca en colaboración co departamento de plástica.
Esta mañá o apalpador foi o encargado de felicitar as gañadoras do certame e de entregarlles un diploma asi como un pequeno premio en metálico. Estivo acompañado por Antonio, profe de debuxo e por Dolores, Vicedirectora.
- Lin Vizoso López acadou o 1° premio polo seu trazo, a súa precisión e creatividade.
- Cloe Vizoso Rocha ten o 2° premio pola súa creatividade e elección de cores.
- Yaniss dos Santos recibiu o 3° premio polo seu debuxo hiperrealista.
Parabéns ás 3!!!