Instrucións para a súa realización. Convocatoria 2014
Documentación que se precisa
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.
Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.
As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.
Horario das probas
Presentación: Ás 9:00 horas.
Parte común da proba: Das 10:15 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
Parte específica da proba: Das 16:00 ás 18:30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.
En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao hamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.
Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.
Advertencias
Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con móbiles nin calquera dispositivo electrónico, agás as calculadoras permitidas para a realización das probas.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.
Materiais que se poden empregar para a realización das probas
Bolígrafos de tinta negra ou azul.
Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra e cartabón.