Skip to Content

NOVO PREMIO EN INNOVACIÓN

A Xunta de Galicia premiou de novo o proxecto de innovación educativa do IES Perdouro.

A Consellería de Educación premiou por terceira vez consecutiva o IES Perdouro pola súa innovación educativa. O noso centro, como outros oito de toda a comunidade, recibirá 2.000 euros para desenvolver a proposta elaborada por un grupo de traballo formado por 40 profesores e profesoras.

A iniciativa premiada pola Xunta ten como finalidade completar o Arquivo Documental de Burela e avaliar o grao de influencia da intervención educativa que, centrada no conxunto da localidade, deseñou o Seminario de Lingua e Literatura Galegas.

O proxecto, iniciado durante o curso 2005-06, foi premiado por vez primeira en novembro de 2006 e recibiu tamén o recoñecemento da Consellería de Educación nas edicións de 2007 e 2008.

A Consellería de Educación premiou tamén os proxectos en materia de innovación presentados polos institutos Félix Muriel (Rianxo), Rodeira (Cangas), As Bizocas (O Grove), A Sangriña (A Guarda); os colexios de Aguiño (Ribeira) e Figueroa (A Estrada); e a Escola de Idiomas de Ferrol. Todos

eles foron xa cumprimentados pola coordinadora do Equipo de Traballo de Innovación, en representación do equipo directivo e da comunidade educativa do IES Perdouro.

Máis información en: http://elprogreso.galiciae.com/nova/17038.html



blog | by Dr. Radut