Skip to Content

PREMIO ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE - IES ROSALIA DE CASTRO

6 alumnas de 2º de bacharelato do IES Perdouro, membros do xurado popular do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, convocado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
 
 
Nesta XVI edición deste certame de fama internacional, o IES Rosalía de Castro convidou a catro centros educativos a formar parte do xurado popular que determina os gañadores en tres categorías: literatura galega,  castelá e estranxeira.  Os centros seleccionados nesta convocatoria foron o IES Xulián Magariños de Negreira, o IES de Allariz, o IES do Castro de Vigo, o IES Perdouro de Burela.

Nesta ocasión as alumnas de 2º de Bacharelato do IES Perdouro, Iria Álvarez,  Lucía Barrera, Elena Carreiras, Ainara Díaz, Susana Fernández, e Lara Mourelle, convertéronse en protagonistas á hora de outorgar o galardón literaria do premio Arcebispo Xoán de San Clemente. Foi a ocasión para as alumnas de estimular a  súa crítica constructiva e poder compartir a súa opinión así como debater facendo uso da súa boa comprensión lectora e da súa boa expresión .
 
Reunido o luns 21 de xuño de 2010 no IES Rosalía de Castro, o xurado fallou ás 13h30 no salón de Actos.

En lingua galega, os estudiantes preferiron Areaquente (Ed. Sotelo Blanco), de An Alfaya. Natural de Vigo, estudou na Escola de Formación do Profesorado da súa cidade e obtivo formación como detective privado na Complutense de Madrid. A súa narrativa se caracteriza por unha mirada de tenrura para os máis febles, os nenos, as mulleres, os marxinados, as xentes que non encontraron un espacio digno na sociedade, etc. A autora logrou impoñerse a seus outros dous contrincantes, Domingo Villar, A praia dos afogados, e Xabier Quiroga, O cabo do mundo.

O premio de lingua castelá recaeu no colombiano William Ospina. A súa novela El país de canela (Ed. Otra Orilla) logrou marabillar ao xurado desta edición. Galardoada co Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos en 2009, a obra é a segunda de unha saga novelistica de Ospina que relata a conquista española. As outras novelas candidatas foron La noche de los tiempos, de Antonio Múñoz Molina, e Puente de Alma, de Julián Ríos.

Co máximo recoñecemento na categoría de lingua estranxeira, o novelista italiano Erri de Luca  resultou gañador coa súa obra El día antes de la felicidad (Ed. Siruela). O escritor de Nápoles competía con outras dúas grandes plumas, o anglo-paquistaní Hanif Kureishi coa novela Algo que contarte, e o alemán Sigfried Lenz coa súa obra Minuto de silencio.


page | by Dr. Radut