Skip to Content

Día Mundial contra a LGTBIfobia: a nosa árbore da diversidade

Hoxe, 17 de maio, á parte de celebrar o día das nosas letras, tamén é o Día Mundial contra a LGTBIfobia. Desde o IES Perdouro quixemos visibilizar o noso apoio á diversidade sexual e de xénero mostrando mensaxes ou palabras positivas para as persoas da comunidade LGTBIQ+. 
 
Para isto, Carmen Sampedro, responsable no centro do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", propuxo crear entre todos unha árbore da diversidade. O alumnado escribiu as súas mensasxes en forma de follas de colores que logo foi colgar á árbore situada na entrada do instituto.
 
Ademais da colaboración do profesorado e alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, o CM de Instalacións de Telecomunicación engadiu unha colorida iluminación. As cores das cartolinas e as das luces LED simbolizan toda a diversidade sexual e de xénero da nosa sociedade. 
 
Esperamos que vos guste e animámosvos a seguir enchendo de follas de apoio a ÁRBORE DA DIVERSIDADE!
 
Podedes ver o álbum de imaxes AQUÍ
 

 

 


page | by Dr. Radut