A FCT
Módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.
Indispensable para a obtención do título académico.
A finalidade e obxectivos da formación en centros de traballos, podería resumirse nos seguintes apartados:
- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.
- Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.
- Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.
- Completar a formación adquirida no centro educativo.
- Adquirir a competencia profesional de cada título e unha madureza profesional motivadora de futuras aprendizaxes.
- Avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da competencia requirida no emprego.
- Adquirir o coñecemento da organización produtiva e o sistema de relacións sociolaborais do centro de traballo co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.
DESENVOLVEMENTO DA FCT
- A FCT consiste nunha estadía na empresa por parte dos alumnos que remataron o ciclo no instituto, sen que supoña unha vinculación laboral, trátase de estudantes en prácticas que non teñen carácter de traballadores.
- Este módulo profesional ven regulado pola Orde de 28 de febreiro de 2007, publicada no DOGA de 8 de marzo de 2007, da que extraemos como mais salientables os seguintes requisitos:
- A duración do período de prácticas é de 320 horas para a FP básica, de 410 horas para os ciclos medios e de 384 horas para os ciclos superiores.
- A xornada laboral non debe exceder das 8 horas diarias nin das 40 horas semanais. En certos sectores pódense acordar horarios especiais previa autorización por parte da Consellería de Educación.
- A titoría do centro educativo xunto coa titoría do centro de traballo farán o seguimento do desenrolo do modulo profesional. A actividade do alumnado na empresa axustarase o Plan Individualizado establecido pola titoría en colaboración ca empresa.
O alumnado non recibirá compensación económica algunha por parte da empresa pola realización da FCT.
PERÍODOS DE REALIZACIÓN
Realizase ao longo do curso escolar en tres periodos:
- Prazo ordinario de abril a xuño
- Prazo extraordinario de setembro a decembro.
- Prazo extraordinario de xaneiro a marzo.
LEXISLACIÓN