Skip to Content

Recoñecendo o esforzo dos mellores expedientes de 2º Bach

6 alumnos do IES Perdouro de Burela recoñecidos entre os mellores expedientes académicos nas probas de acceso á universidade de Galicia.

Unha vez máis desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” recoñécense os mellores expedientes, e nós, queremos felicitar encarecidamente o noso alumnado de 2º Bach polos seus resultados na ABAU e especialmente a seis alumnos/as que acadaron a puntuación de máis dun 9 entre o Bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). Parabéns Laura, Carmen, Marta, Carolina, Pablo R e Pablo G!

O acto de recoñecemento da USC terá lugar o xoves, día 23 de xullo, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC.

As circunstancias non permiten que sexa un acto multitudinario presencial pero iso non vai impedir que se poida compartir un acto conxunto no que a USC faga chegar os seus parabéns ao estudantado que acadou resultados sobresaíntes na ABAU.

O acto estará presidido polo reitor da USC e contará coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores. Tamén estarán presentes un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais e será retransmitido en streaming a través da canle Youtube da USC.

A dirección da canle de youtube da USC, na que verás a liagazón para conectarte ao acto a partir das 16:30h. dese día 23 de xullo, é a seguinte:

https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC

Tamén podes conectarte a través da ligazón para directos da canle YouTube da USC  (só para Navegador):

https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live

O director do centro, Santiago Pérez, atribuíu este éxito o esforzo e a constancia nos estudos do alumnado ao longo destes últimos dous anos e particularmente neste dificil momento de ensino telemático por mor da COVID 19, e do bo facer do profesorado do centro.

Compartimos unha foto de fai un ano (Torre de Belém - Lisboa) para desexarvos moita felicidade como se desprende da imaxe e que os vosos soños se vexan cumpridos. Sorte neste novo camiño da vida!

Ata sempre.



page | by Dr. Radut