Skip to Content

V Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Por quinto ano consecutivo o Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro de Burela acolleu nas súas instalacións aos usuarios da Fundación "Eu Son". Ao longo dos dous días destas xornadas de convivencia, os alumnos e alumnas do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar ....
 
realizáronlles diferentes prácticas de afeitados, arranxos de barbas, cortes de cabelo, hixienes e coloracións capilares, cambios de forma no cabelo e tratamentos estéticos de mans. Ademais os usuarios da Fundación Eu Son tamén aprenderon de forma fácil e divertida a proceder ao arranxo da súa imaxe.


Unha grande experiencia para todos, en especial para un futuro máis empático e tolerante do alumnado no sector profesional.

 
Javier Rouco, Xefe do Dpto de Imaxe Persoal


page | by Dr. Radut