![](https://1.bp.blogspot.com/--aMbMNPix0A/Vs4wQ9bil2I/AAAAAAAAbcg/yJxVu6CDJN0/s200/20160224_130056%2B%2528Copiar%2529.jpg)
Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
María Permuy, orientadora do centro burelés, destaca que os centros educativos teñen un rol fundamental para vencer estereotipos. "A educación entre os rapaces é a ferramenta máis efectiva para combater a desigualdade e previr a violencia de xénero. Desgraciadamente queda aínda moito por facer e seguiremos traballando a diario os valores de igualdade entre homes e mulleres e desmontando modelos "machistas" aínda moi presentes en cancións e programas televisivos."