Este curso 2022-2023 a biblioteca foi novamente o eixe vertebrador dun novo proxecto de traballo colaborativo empregando a metodoloxía da aprendizaze baseada no pensamento e na reflexión.
A biblioteca dotou de recursos variados (guías, programas de deseño, tradutores, dicionarios etc.) os departamentos implicados na contrución dun invernadoiro xeodésico así como a instalación de sensores e captores para o cultivo de plantas no seu interior.
A finalidade do proxecto interdisciplinar estaba na construción, a escala real, dunha cúpula xeodísica para o cultivo en bancais de plantas variadas. Para iso houbo que investigar sobre as formas xeodésicas, comprender a súa resistencia e establecer un plan de traballo para a construción (recorte dos tubos, unións, superfice e lona). Este traballo foi liderado polo departamento de Tecnoloxía de 4º de ESO. Contouse tamén coa axuda do alumnado do 1º ciclo de Mecanizado para fabricar as piquetas de anclaxe do invernadoiro ao chan.
A función do invernadorio é o cultivo e por iso o depto. de Bioloxía implicouse co seu alumnado de 4º ESO e FP Básica na selección de plantas e aprender sobre elas. Investigaron sobre a mellor época de plantación e de recolección, como coidalas (por exemplo o rego sostible) e algunhas propiedades delas a nivel culinario.
Era necesario facer unha cartelería para informar sobre cada planta e recollimos a información en 3 idiomas: galego, inglés e francés. Os departamentos de linguas estranxeiras traballaron moi rápidamente para ter as traducións operativas para logo deseñar a cartelería informativa.
O alumnado viu a necesidade de acondicionar o interior da cúpula para o coidado das plantas e monitorizar a cúpula con sensores de humidade e de temperatura. Unha vez máis o alumnado sabe resolver e propoñer solucións segundo as necesidades atopadas ao longo do proceso.
Contouse tamén cos coñecementos do profesorado do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar para a fabricación de xabón. O seu alumnado fabricou pastillas de xabón co esenciais naturais a partir das herbas aromáticas plantadas no noso horto escolar.
O dpto. de Matemáticas tamén estivo implicado no proxecto. A raíz da plantación de hortalizas fractais como a coliflor ou a col romanesco ou de plantas suculentas, fixeron un obradoiro para fabricar estructuras fractais en papel así como a documentación informativa. Durante os dous días da Feira TecnoCienciArte, o alumnado de 4º estivo realizando este taller a todo o alumnado do centro. Logo visitaban o invernadoiro e comprendían esta estructura fractal na natureza, a multiplicación repetida dunha forma.
Concienciados pola protección do medio ambiente, o alumnado fixo coa axuda do dpto. de Matemáticas uns modelos de caixas xeometrícas reutilizando papel de revista para empaquetar os xabóns e algunhas suculentas producidas no horto para agasallar ao alumnado de 6º de primaria durante a súa visita á feira TecnoCienciArte.
O departamento de Lingua Galega e o EDLG colaboraron na revisión lingüística dos textos informativos así como nas entradas que fixo o alumnado de 4º TIC no blog de Perdourando e no artigo da revista escolar Maruxía. Foron moitos días de traballo en equipo con reparto de tarefas e respectando os prazos para que finalmente todo saíra listo para a súa divulgación na I Feira Tecnocienciarte do IES Perdouro celebrada nos días 14 e 15 de xuño.
Este proxecto serviu a ensinar ao alumnado a utilizar destrezas de pensamento científico para convirtilos en bons pensadores. Esta práctica colaborativa onde o alumnado comparte ideas, razoa e onde o profesorado guía facendo preguntas abertas estimula a motivación na aprendizaxe. O alumnado tivo que tomar decisións e resolver problemas, informarse, compartir, comparar e contrastar as fontes de información. Con toda esta información acumulada e a práctica compartida, o alumnado chega a unha conclusión ben reflexionada e fundamentada.
Como se pode observar neste ilusionante proxecto, a biblioteca traspasa os seus muros para dar respostas as necesidades detectadas e transformase no polo da creatividade e da creación conxuntamente.