Skip to Content

Entrevista a María Rivas

O nosos correspondentes entrevistaron a María Rivas, subdelega do Goberno na provincia de A Coruña dende 2021 e licenciada en Socioloxía pola universidade de A Coruña, con motivo da entrega das mochilas viaxeiras no Concello de Camariñas, ESCOITA A NOSA ENTREVISTA nos seguintes enlaces:

Radio Aguia

https://www.ivoox.com/entrevista-a-maria-rivas-subdelegada-do-goberno-audios-mp3_rf_135834946_1.html

Samaín no Pedra: castañas, xogos e estrelas

Outubro remata con celebracións moi de noso: chega a parte escura do ano e as tebras son a mellor oportunidade para lembrar os que xa non vemos entre nós, os nosos Santos Defuntos, para alumear a noite temperá con candeas en calacús, para dar grazas polos froitos da terra, asar castañas e pasalo ben xuntos. Por iso, co gallo da festa, o Equipo da Biblioteca en colaboración cos departamentos de Educación Física, Inglés e Música e mais a dirección do Centro montamos un magosto para todo o profesorado e alumnado na tarde do martes 29. Logo de merendar todo o alumnado brincou aos xogos tradicionais como a corda, os zancos, a chave ou os birlos. Houbo tamén serán con gaita, pandeiretas e tambores espontáneos, a que se xuntaron cantareiras e bailadoras de varios cursos.

Mais a troula continuou á tardiña para os máis novos do centro (1º e 2º da ESO), que tiveron un xogo de escape ambientado nun fúnebre escenario propio do romanticismo máis enxebre: debían resolver enigmas perante as "sepulturas" de Bécquer, Espronceda e Rosalía, só guiados pola luz das candeas. Despois, todos baixamos a observar as estrelas nunha actividade astronómica guiada por membros da Fundación Starlight. Por último contadas sobre o Alén, durmida no Pavillón e, á mañá seguinte, almorzo de campamento. Pasámolo de medo mais aquí ninguén o tivo! E se non, ollade as fotos.

Arte sacra, Panteón Real, Códice Calixtino e cantigas populares: 3º da ESO en Compostela

O xoves 17 de outubro o alumnado de 3º de ESO desprazouse a Coompostela nunha saída educativa organizada polos departamentos de Educación Plástica e Lingua e Literatura Galega.

Alí, visitaron a Catedral de Santiago e o seu Museo, podendo gozar da súa balconada que dá á fermosa Praza do Obradoiro. Apreciaron a arte dos obxectos de arqueoloxía, escultura, pintura, ourivaría, tapices e artes decorativas, que son parte do fenómeno xacobeo. Tiveron a oportunidade de ver de preto réplicas do botafumeiro e do Códice Calixtino, manuscrito iluminado de mediados do século XII, que foi roubado no ano 2011 e posteriormente recuperado. Tamén puideron admirar a reconstrución do Coro Pétreo medieval, que xunto co Pórtico da Gloria é unha das obras máis importantes do Mestre Mateo, o máximo representante da arte románica galega nos camiños da peregrinación. A visita terminou no Panteón Real, onde repousan os reis do antigo reino de Galicia.

O galego, lingua maioritaria? Estudo de outubro de 2024

Estudo de Outubro de 2024 tras a Enquisa sobre os usos do galego do IGE

Charla de PERCEGA ao alumnado de 1º ESO

O martes 15 de outubro, o alumnado de 1º da ESO recibiu unha charla de PERCEGA, a Asociación de percebeiros de Galicia, que non só pretende reivindicar o valor deste oficio senón concienciar á rapazadado patrimonio cultural e natural que existe en toda a Costa da Morte, invitando ao alumnado a emprender e innovar de forma sustentable para enriquecer e manter vivo ese patrimonio.

Máis información en: Diario de Bergantiños QPC

Proxecto Sisargas

O martes 8 de outubro, o alumnado de 3º da ESO recibiu unha charla moi interesante, enmarcada dentro do Proxecto Sisargas, que tenta poñer en valor os oficios tradicionais das mulleres vinculadosás actividades pesqueiras e a cultura do mar. Tres mariscadoras ben coñecidas por todo o alumnado explicáronlles polo miúdo en que consistía o seu traballo, os problemas reais que teñen que afrontar, as áreas de marisqueo, os tempos e o produto que recollen e os sinsabores de non poder faenar na actualidade.

Máis información: QPC, Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, La Voz de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut