Skip to Content

Concurso en redes sociais contra a violencia de xénero

 

As bases do concurso podedes consultalas no pdf adxunto.

O prazo remata o 18 de novembro!

Saída de convivencia pasada por auga

O venres 20 de setembro fixemos a saida de convivencia de profesorado e alumnado que marca cada inicio de curso. As previsións daban un pouco de choiva feble, pero que non debían impedir unha xornada de confraternidade. Este ano a camiñata era circular con inicio e fin no Bar Roxo de Xaviña. Sen embargo, a choiva apareceu pronto e foi crecendo en intensidade ata converter os camiños forestais en verdadeiros lameiros. Tivemos que acelerar o paso empapados, embarrados e ateridos de frío para chegar aos buses o antes posible. A experiencia será inesquecible, máis non era o que todos desexabamos.

A prensa recolleu a noticia: QPC, Diario de Bergantiños, La Voz de Galicia

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA NO PRIMEIRO TRIMESTRE

A nosa Biblioteca Escolar comezou a súa andaina este curso coa conmemoración do Día Europeo das Linguas (foto), para a cal escollemos o recitado de tres textos: un poema de Luísa Villalta (ver pdf), lido polo noso alumnado no seu orixinal en galego e mais nas súas traducións en francés, italiano, catalán e éuscaro; unha composición de Gloria Fuertes en castelán e mais unha cantiga de berce en árabe marroquí, lingua materna de varias alumnas e alumnos do noso IES.

Alén disto, abrimos as nosas portas este curso o día 4 de outubro e botamos a andar con entusiasmo as actividades para o primeiro trimestre deste curso, que compartimos tamén en arquivo xunto e en que destaca o inicio dos clubs de Encontro e Lectura, o programa de voluntariado da Biblio e mais a celebración do Samaín. 

Desexamos e traballaremos xuntos para que neste ano escolar 2024/2025 a nosa Biblioteca continúe a ser un lugar de contacto cos libros e con outros soportes culturais ben como un foro de aprendizaxe dinámica e compartida.

 

Concurso AtlanticHub CostaDaMorte AWARDS|24 PERCEGA

Cada alumna/a pode presentar una proposta por categoría. As propostas deben remitirse cubrindo o formulario que corresponda e deben cinguirse aos espazos habilitados no mesmo (non podendo exceder dunha cariña de folio). Cada titor/a filtrará a mellor proposta do centro para cada idea, remitindo unha única proposta por idea e centro á organización ao enderezo produccion@enxenogalicia.com antes do 25 de outubro.

Páxina concurso: https://atlantichub.es/atlanticawards/

COMEZO DE CURSO 2024/25: MÉRCORES DÍA 11 DE SETEMBRO DE 2024

Infórmase que próximo mércores día 11 de setembro de 2024 dará comezo o curso 2024/25 en horario de 8:45 a 14:25 horas. Os autobuses pasarán polas paradas no horario habitual.

O horario deste curso 2024/25 será de luns a venres de 8:45 a 14:25 horas e os martes de 16:30 a 18:10 horas.

Libros de texto 2024-25

Distribuir contido


by Dr. Radut