Skip to Content

Torneo de xadrez

Xa está convocado o gran torneo de xadrez anual do IES Pedra da Aguia!

Se a túa paixón é este deporte mental e te queres sentir coma un auténtico mestre de xadrez, apúntate XA na ficha de inscrición que está no taboleiro da entrada da Biblio.

Anima as túas amizades e aproveita para facerlle "xaque mate" á rutina e á monotonía. Agardamos por ti!

Concurso de poemas de natureza

A Biblioteca escolar e o equipo de Dinamización Linguística organizan un concurso literario para conmemorar o Día da Poesía e das Árbores, que se celebra o 21 de abril.

Xa podes comezar a escribir o teu poema e entregalo na Biblio, aínda que tes de prazo ata o 29 de febreiro.

O texto ten que tratar sobre a natureza, pode estar escrito en galego ou en castelán e deberá ter unha extensión entre 15 e 25 versos. Aquí podes consultar as bases. 

Haberá dous premios por categoría dotados de 50 e 30 euros. 

Inspírate saíndo ao monte, camiñando pola praia, paseando á beira dun río... Deixa saír ao poeta que levas dentro. E anímate a participar!

 

Hora de ler

Despois da parada do mes de decembro, retomamos a hora de ler na segunda avaliación. 

Comezaremos o martes, día 9 de xaneiro, na cuarta sesión e remataremos o 28 de febreiro. 

Consulta aquí o calendario para este trimestre.

Non esquezas o teu libro favorito e goza desta oportunidade de mergullarte na lectura!!

Nadal na Biblio

 

Achégate pola Biblio nos recreos da vindeira semana e crea os teus propios adornos para un Nadal moi especial.

Empregaremos materiais de refugallo e da natureza para facer bonitas decoracións coas que engalanar as nosas árbores e os nosos fogares. 

Dálle un toque persoal ao teu Nadal facendo adornos únicos e respectuosos coa natureza ao mesmo tempo que pasas momentos irrepetibles cos teus amigos.

Ánimate... agardamos por ti!

Atmosfera musical no Nadal

Chega decembro e, con este, o Nadal. Desde o ofrecemos, desde unha proposta aberta e alternativa, a posibilidade de gozar desta época do ano a partir da escoita da lista de reprodución creada no Spotify do EDLG do IES Pedra da Aguia: https://open.spotify.com/playlist/4KDd4x1nAqNVOUgRnkn6uR?si=9e66105160e2469f.

Se ben a base da lista ten a ver con música en lingua galega incluímos tamén máis linguas que se estudan ou falan no IES, pois apreciar unha lingua non implica negar espazo a outras. Entristece ver moitos eventos no país dos mil ríos en que na música proxectada se observa o desterro da lingua propia.

Educación en Igualdade e Prevención das Violencias Machistas

O venres 3 de novembro comezaron os Obradoiros impartidos polo Concello de Camariñas sobre Igualdade e Prevención das Violencias Machistas para 2º e 3º da ESO.
O 24 de novembro ás 11h participamos nun Pleno no Concello,
onde as voces e propostas do noso alumnado foron escoitadas polos representantes dos diferentes partidos.
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut