Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Durante este mes de novembro terán lugar as eleccións para a renovación parcial de representantes dos diferentes sectores da comunidade educativa no Consello Escolar do centro, segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022.

Calendario para a renovación parcial de membros do consello escolar: novembro 2022.

Nota informativa dirixida á comunidade educativa.

 

Impreso para presentar candidaturas:

Representantes de alumnado

Representantes de nais/pais

Representantes de profesorado

Representantes de persoal de administración e servizos

Presentación de candidaturas: As persoas interesadas deberán presentar o impreso cuberto na administración do instituto entre os días 7 e 15 de novembro de 2022, de 9:00 a 14:00 h.

Concurso 25 novembro

Está aberto o prazo de presentación de traballos para o concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais co que se conmemorará o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado que desexe participar pode entregar as súas obras na Biblioteca ata o vindeiro 27 de outubro. Existen dúas modalidades de participación: 

- Imaxe gráfica: cómic, cartel, ilustracións...

- Pezas audiovisuais: curtas, videoclips, danza, texto recitado...

Haberá dous premios, un de 100 euros e outro de 50 euros, por cada categoría (1º-2º de ESO e 3º-4º de ESO) e por cada modalidade de participación (imaxe gráfica e peza audiovisual). O tema de todos os traballos debe consistir nunha reflexión sobre a violencia de xénero. Animádevos a participar!

Encontro con Ledicia Costas

A escritora Ledicia Costas, autora de títulos moi coñecidos entre o público infantil e xuvenil como "Escarlatina, a cociñeira defunta" ou "O corazón de Xúpiter", manterá un encontro co alumnado de 2º ESO e 4º ESO o vindeiro martes, día 19 de outubro. As xuntanzas realizaranse a terceira hora (2º ESO) e a cuarta hora (4º ESO) na biblioteca escolar.

Ledicia Costas falaranos sobre as súas obras e tamén asinará os exemplares do alumnado que así o desexe.

A escritora viguesa comezou o seu labor literario sendo unha adolescente, cando publicou o seu primeiro libro, "Unha estrela no vento", e dende entón acadou numerosos premios e foi traducida a varios idiomas.

Hora de Ler na 1ª avaliación

Amosamos o calendario da Hora de Ler para este primeiro trimestre. Recordade que empezamos o xoves 29 a primeira hora.

Gozade da actividade!

 

Listaxe de libros - Curso 2022/23

No arquivo adxunto pode consultarse a listaxe de libros para o curso 2022-2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut