Skip to Content

Samaín no Pedra: castañas, xogos e estrelas

Outubro remata con celebracións moi de noso: chega a parte escura do ano e as tebras son a mellor oportunidade para lembrar os que xa non vemos entre nós, os nosos Santos Defuntos, para alumear a noite temperá con candeas en calacús, para dar grazas polos froitos da terra, asar castañas e pasalo ben xuntos. Por iso, co gallo da festa, o Equipo da Biblioteca en colaboración cos departamentos de Educación Física, Inglés e Música e mais a dirección do Centro montamos un magosto para todo o profesorado e alumnado na tarde do martes 29. Logo de merendar todo o alumnado brincou aos xogos tradicionais como a corda, os zancos, a chave ou os birlos. Houbo tamén serán con gaita, pandeiretas e tambores espontáneos, a que se xuntaron cantareiras e bailadoras de varios cursos.

Mais a troula continuou á tardiña para os máis novos do centro (1º e 2º da ESO), que tiveron un xogo de escape ambientado nun fúnebre escenario propio do romanticismo máis enxebre: debían resolver enigmas perante as "sepulturas" de Bécquer, Espronceda e Rosalía, só guiados pola luz das candeas. Despois, todos baixamos a observar as estrelas nunha actividade astronómica guiada por membros da Fundación Starlight. Por último contadas sobre o Alén, durmida no Pavillón e, á mañá seguinte, almorzo de campamento. Pasámolo de medo mais aquí ninguén o tivo! E se non, ollade as fotos.

AdxuntoTamaño
WhatsApp Image 2024-10-30 at 19.56.57.jpeg42.04 KB
WhatsApp Image 2024-10-30 at 19.56.51 (1).jpeg66.92 KB
WhatsApp Image 2024-11-04 at 18.03.21.jpeg25.91 KB
WhatsApp Image 2024-10-30 at 19.56.54.jpeg63.36 KB
WhatsApp Image 2024-10-30 at 19.57.00 (2).jpeg76.46 KB
WhatsApp Image 2024-10-30 at 19.56.48.jpeg16.38 KB
WhatsApp Image 2024-10-30 at 19.56.40.jpeg35.22 KB
Estrelas.jpg82.53 KB


page | by Dr. Radut