ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
O IES na prensa e nas redes
Proxecto de minisatélite. Iniciativa CANSAT. Bacharelato STEM
Un grupo de alumnado de Bacharelato STEM (excelencia en ciencias e tecnoloxía) do IES de Ortigueira participa na Iniciativa CanSat da Axencia Espacial Europea. Este organismo reta aos estudiantes a construir e lanzar un mini satélite, do tamaño dunha lata de refresco. Cecilia Castro, Adrián Ismael Rodríguez, Ismael Álvarez e Álvaro Sampaio forman o grupo, coordinado polos docentes Patricia Hermida, de Tecnoloxía, e Andrés Rodríguez, de Física y Química.
A maiores do profesorado, o grupo conta coa colaboración, de tres exalumnos do centro: Jana Pernas, Enxeñeira de Telecomunicacións, que asesora no deseño do sistema de comunicación con Cansat, Sabela Iglesias, Enxeñeira Aeroespacial que colabora nas tarefas de programación, e Borja Cortés, que realiza o traballo de Fin de Grao da mesma enxeñaría e que asesora na construcción do paraídas e na programación en Arduino.
Preme AQUÍ para ver a nova na prensa.
RECOÑECEMENTO A TRES COMPAÑEIROS
N0 curso 19/20 que remata deixaron o instituto tres membros do claustro. O IES de Ortigueira agradece a María Jesús Rego, a Xoan Emilio Fresco e a Albino Pernas os anos de adicación á docencia, á orientación educativa e aos diferentes cargos directivos desempeñados.
As excepcionais circunstancias que estamos a vivir impediron polo de agora a realización do merecido acto de despedida e a correspondente imaxe de grupo. Agardamos a chegada de novos e mellores tempos para poder recoñecer de xeito colectivo o traballo desenvolvido por eles a prol da educación secundaria e da formación profesional en Ortigueira.
Novo recoñecemento ao alumnado de tecnoloxía. Traballando pola igualdade
O grupo de alumnas de tecnoloxía do centro, foi recoñecido cun premio por un traballo realizado sobre estereotipos de xénero nas carreiras tecnolóxicas. Nesta LIGAZÓN podes ver a nova publicada en "La Voz de Galicia"
A FP básica do centro amosando a Galicia, na TVG, o aserrado portátil
Preme AQUÍ. Minutos 5, 59 e 22, 37. Mozos con madeira
Visita a empresas tecnolóxicas Actividade "Tecnólogo por un día"
Unha alumna do IES de Ortigueira participou nesta actividade. Preme AQUí para ver a nova en prensa e saber quen foi.
Colaborando co Festival Internacional do Mundo Celta
Un ano máis o IES de Ortigueira colaborou coa organización do Festival do Mundo Celta, cedendo as instalacións para o aloxamento de músicos e servindo de sede para a realización dos Obradoiros de instrumentos musicais e de danzas. Na imaxe The National youth Pipe Band of Scotland
Proyectos do IES Ortigueira gañan premios Emprende Xove 2018
Preme nesta LIGAZÓN para ver a nova en prensa
Robótica para o alumnado do CEIP José Mª Lage
O luns 12 de marzo, 6 alumnas de robótica do IES, impartiron uns obradoiros para o alumnado de 5° e 6° de primaria do CEIP José María Lage, que trataron sobre robótica con Lego, robótica Mbot Ranger e robótica mariña.
Para as alumnas do instituto os obradoiros permiten a experimentación da labor docente. Días antes fixeran a mesma actividade co alumnado do CEIP de Cariño, da que quedou constancia neste artigo publicado na prensa.
TODOS XUNTOS FACEMOS O INSTITUTO
Premendo AQUÍ podedes ver unha reportaxe que fixeron no centro hai un mes, e que publicou hoxe "La Voz de Galicia".
Curso AFD (Accións Formativas para persoas desempregadas) 17/18
O IES de Ortigueira iniciará en xaneiro unha nova acción formativa para persoas desempregadas, con boas expectativas laborais. Se estás no paro non o dubides. Preme AQUÍ para ver a nova completa na prensa