ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
"Photocall" do Festival de Ortigueira
Por proposta do Concello de Ortigueira, o Departamento de Carpintaría e Moble do centro realizou esta estrutura de Madeira no presente curso 23-24, coa idea de que as persoas que nos visitan teñan un novo fondo no que facer esas imaxes que despois promocionan Ortigueira e o seu festival polo mundo.
O logotipo do festival, popularmente coñecido como "runa", en alusión ás letras do alfabeto rúnico, é unha creación do pintor Xaime Cabana e foi realizado no ano 2000 no desaparecido Café Vechio de A Coruña, diante do mural de Lugrís e nun pano de papel, en presenza do director do festival naqueles anos Francisco Rivera. Este mesmo artista, conectado co grande Jorge Peteiro, que tamén fora profesor no IES de Ortigueira, creara con anterioridade un deseño con cabeza similar para o grupo, "Os diplomaticos" de Monte Alto. O deseño do pano foi tratado e dixitalizado por Quim Alborés da desaparecida empresa de comunicacion Terra.
O deseño da estructura, obra dos profesores Rebeca Blanco e Alberto Gallego, foi materializado polo alumnado do centro que traballou arreo durante máis de 2 meses.
A obra está feita en madeira de piñeiro termotratada e rematada con lasur cor "wengué". O logo foi realizado con máis de 6000 parafusos que pesan máis de 40 Kg pintados con poliuretano de cor vermella. As letras e os logos da parte traseira foron realizados con resina epoxi pigmentada con po de mica branco marfil. O peso total da estructura ronda os 600 kg.
Parte do alumnado co profesorado o día da instalación
LIGAZÓN á nova en La Voz de Galicia
Aquí podes ver un VÍDEO do acto de inauguración o día 1 de xullo do 2024