ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Obxectivos e accións realizadas
Mediante este Plan Proxecta, pretendiamos dar pasos na dirección de acadar a igualdade real, efectiva, entre mulleres e homes, promovendo o cambio de actitudes entre o alumnado, de xeito que se faciliten as relacións en pe de igualdade e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, previndo situacións de discriminación e, en xeral de violencia de xénero.
A participación no Plan Proxecta deunos acceso a certas actividades e recursos, ao tempo que serviu para impulsar e reforzar no centro dinámicas de colaboración no traballo neste ámbito, tanto entre o profesorado do centro como con instancias externas, nomeadamente o Concello de Ortigueira (especialmente o persoal do CIM), co que o centro ven colaborando asiduamente nestes temas, e as entidades responsables das actividades que se ofertan no programa. Deste xeito, e no esforzo do profesorado por poñer en marcha intervencións efectivas, a comunidade educativa foi ampliando a súa capacidade transformadora, o que ten unha relevancia fundamental dende a perspectiva preventiva e, máis alá, promotora de saúde dende a que plantexamos o proxecto.
O antedito refléxase na implementación dentro do proxecto de accións interdisciplinares de gran amplitude que, ademáis conforme avanzaba o curso foron adquirindo maior relevancia. Tamén na integración curricular de todas as intervencións realizadas polo profesorado do centro.
Preme AQUÍ para ver un resumo das accións realizadas.