ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Aula de Educación Física
A frase latina integrada polos tres superlativos, "Citius, Altius, Fortius" (máis rápido, máis alto, máis forte), é hoxe o lema olímpico oficial. Ideado e lanzado polo dominico Henri Didon, amigo persoal de Pierre de Coubertin, é coñecida hoxe en todos os ámbitos do deporte. Desde o punto de vista da Educación Física, coa idea de resaltar mellor os obxectivos desta materia, coa axuda do Departamento de madeira e Moble, decidimos incluirlle ao lema olímpico o superlativo "Habilius" (máis hábil), que amosa de xeito máis completo o que desexamos acadar do alumnado, na parte da Educación Física que ten que ver coa educación do movemento.