Skip to Content

2023-24

libros de texto curso 2024-25

HOMENAXE NA CORUÑA ÁS/AOS MELLORES DA ABAU

O pasado venres asistimos a MEGABAU, o acto de recoñecemento aos mellores expedientes na ABAU de Galicia. O Coliseo da Coruña acolleu esta celebración organizada polas tres universidades galegas, na que se deron cita mozas e mozos chegados de toda Galicia para recibir unha merecidísima homenaxe. 

Do IES O Carril foron convocadas Paula Cambre López, Alejandra Domínguez Rivas, Alicia García Ramallal e Noa Santiago Falcón. Aínda que só Noa e Paula puideron asistir, nós celebrámolo polas catro! 

Moitísimos parabéns para elas e tamén para todas e todos os que vos esforzades cada día por dar o mellor de vós, independentemente de cales sexan os resultados. Sodes o noso orgullo.

adxudicación cafeterías dos centros

PUBLICADAS AS LISTAS DE ADMITIDAS/OS CURSO 2024-25

Poden consultar os listados definitivos no taboleiro de anuncios da Secretaría do IES O Carril ou na aplicación admisiónalumnado usando a chave 365.

CONCENTRACIÓN DO IES O CARRIL

Concentración do IES O Carril en protesta polo xenocidio do pobo palestino.

Para ampliar a imaxe preme sobre ela

ATENCIÓN ! AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

A Consellería está a promover conferencias informativas sobre o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías. Pódese asistir por videoconferencia.

A 1ª conferencia terá lugar este vindeiro xoves 4 de abril as 18:00 horas.

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC - 21, 22, 25 E 26 DE MARZO

Durante os días 21, 22, 25 e 26 de marzo tes a oportunidade de mergullarte no pequeno cosmos universitario a través destes encontros virtuais que teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC e onde poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade.

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da semana).
En cada grao está o horario e a ligazón para conectarse por videoconferencia con profesorado do centro.

Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta ...

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

O punto laranxa funciona como un buzón para que o alumnado poida comunicar ou denunciar de forma anónima unha situación de acoso ou de ciberacoso que sufra  el/a mesmo/a ou que oberva que lle pasa a outr@.

A túa comunicación será tratada de forma confidencial e rápida para que esa situación remate axiña.

Envíanos a túa denuncia cando o necesites aquí:

convivencia.ies.ocarril@edu.xunta.gal
Distribuir contido


by Dr. Radut