Bibliomalveiras, a nosa biblioteca escolar, é o lugar en donde están centralizados os recursos de información e de documentación dos que dispoñemos no noso centro educativo.
Un pouco de historia
Quedou bautizada como Bibliomalveiras a proposta de Xosé Ramón Brea, profesor de Lingua e Literatura Galega e membro do equipo de biblioteca. Ocorresuselle chamala así pola proximidade das illas Malveiras, que como di a "ineludible" Galipedia son:
"[...]un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. "
Instalacións
Dispoñemos dunha gran sala diáfana de 128 m2 equipada con andeis adosados na súa meirande parte e algúns móbiles que conteñen a colección, ordenada polo sistema de Clasificación Decimal Universal (CDU). Ademais dos andeis hai dous mobles expositores que utilizamos para expoñer lecturas temáticas e novidades. A sala, sufríu varias transformacións ata chegar ao seu estado actual. Suple ao salón de actos dado que o noso centro non disfruta desta sala.
Habilitouse unha parte da sala para ordenadores de sobremesa que están a disposición do alumando e do profesorado durante os recreos para uso libre e durante as horas de clase a discreción do profesorado..
DIAPORAMA
Recursos
Evidentemente a colección vai modificándose de ano en ano por adquisicón de novos fondos e expurgo dos que xa non están adaptados ás necesidades da comunidade educativa. O criterio sempre é a excelencia. Os recursos cos que contamos son:
- Cine e documentos didácticos en soporte electrónico (DVD).
- Libros, clasificados en seccións.
- Revistas e catálogos.
- Xogos de mesa como xadrez, dominó e parchís.
- Dispositivos electrónicos de lectura (libros electrónicos)
Seccións destacadas son as de banda deseñada, a de Carril e Vilagarcía e a de orientación educativa.
Non todos os recursos está ubicados na biblioteca pero podemos consultalos igualmente.
O préstamo está limitado a tres recursos ao mesmo tempo por persoa e o prazo de devolución é de 15 días.
Catálogo de servizos
PRESENTACIÓN CARTAZ