Skip to Content

Educación física

VIAXE A ANDORRA DE 1º BACHARELATO

TORNEO DE DACHBALL

Para rematar ben o trimestre, o 22 de Decembro a partir das 12:35 realizouse un torneo de Datchball no que participou tanto o alumnado como o profesorado. Que ben o pasamos! Haberá que repetir no segundo trimestre con outro deporte. Asegurámosvos que os profes volveremos ir por todas!!

RUTA DOS FAROS PARA O ALUMNADO DO CICLO E O DE 4ºESO

O martes día 3 de maio, o alumnado de 4º da ESO e máis o de 1º do ciclo técnico superior de AF realizaron parte dunha das rutas dos faros, a que vai dende Laxe a Camelle.

Unha ruta de aproximadamente 16 km para desfrutar da natureza e das fermosas vistas que temos nas nosas costas! Bonita experiencia!

Ademais toda a rapazada foi quen de realizar todo o percorrido!

Ver o album de fotos da xornada
 

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: O CICLO SUPERIOR PARTICIPA NAS SEMANAS DAS CIENCIAS

Para ver o album de fotos da actividade preme na imaxe

No marco das actividades das Semanas das Ciencias en Galego o alumnado de ciclo, guiado polo profesor Luis Garrigós, levou a cabo unha actividade co alumnado de 2ºBAC A. Cunha máquina obtiñan diversos datos relacionados co IMC, peso dos ósos, grasa corporal... Velí a actividade descrita en detalle:

PRÁCTICA CO APARELLO DE BIOIMPEDANCIA PARA ALUMNOS DE 2º BTO

O pasado 17 de decembro o alumnado do ciclo TSAF da área do módulo de Valoración da Condición Física e Intervención en accidentes realizou unhas medicións co aparello de bioimpedancia ao alumnado de 2º BTO.
 A bioimpedancia é unha proba que analiza a composición corporal, indicando a cantidade de músculo, óso e graxa. Esta verificación  realízase mediante balanzas especiais, neste caso coa Tanita BC-602, que teñen  placas metálicas que conducen un tipo de corrente eléctrica débil que atravesa todo o corpo.
Estes aparellos, ademais de mostrar o peso actual e o IMC (Índice de Masa Corporal), ofrecen valores relativos á masa de graxa corporal, brazos e pernas, masa magra, masa muscular, hidratación, densidade ósea, graxa visceral e taxa de metabolismo basal.
Esta práctica finalizou coas probas de dinamometría manual co dinamómetro hidráulico manual Baseline LITE 200Ib e unha medición individual do contorno abdominal cunha cinta métrica antropométrica.

SAMAÍN 2021

Este Samaín 2021 foi moi movido. Como podedes ver nesta galería de fotos, as cabazas presentadas ao concurso daban arrepíos. Contáronse contos de medo e ate a Santa Compaña veu acompañarnos. E por se iso fora pouco tivemos tamén unhas coreografías moi chulas do alumnado do Ciclo Superior apoiado pola súa profesora Marta. Para rematar cabazas e contos tiveron tamén os seus premios. E se non me credes, mirade: 

Ver todas as cabazas
A Santa Compaña en Carril

  

 

ENTREGA DE PREMIOS

Para ver todas as fotos da entrega de premios fai clic aquí

Gañadores concurso de cabazas:
-María Rial Rodríguez 1ºESOB
-Laila Fernández Otero 1ºESO A
-Sara Vilas Arca 1ºESO C

Gañadores concurso de relatos (primeiros premios):
-Adrián García Rey 1ºESOA
-Iria Torres Loureiro 2ºESO B
-Aroa Castro Duro 4ºESO C
-Uxía Pereira Viqueira 4ºESOA
-Xacobe Fresco García 1ºESO B

Gañadores concurso de relatos (segundos premios):
- Caio Rodríguez Gómez 1ºESOB
- Mauricio José Guldrís Peña 1ºESO C

 

RECREOS ACTIVOS

Debido á evolución “favorable” da Covid-19 imos empezar a realizar actividades deportivas programadas nos recreos, para todos aqueles/as que o desexen (é algo totalmente voluntario e non serán actividades avaliables). Animámosvos a participar e así renovar un pouco a nosa enerxía,contrarrestando así as horas que pasamos sentados ao longo do día.

Toda a información aquí

----------

PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA 2019

Comprácenos Informar que xa é definitivo o Premio ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 ao IES Miguel Ángel Gonxález Estévez do Carril polo proxecto "Marzo sen Fronteiras".
Parabéns aos organizadores Conchi Pérez e Luís Garrigós e ao alumnado e profesorado participante.  Entrega de premios por Carmen Pomar.

Esta iniciativa serás difundida pola Consellería como

"boas prácticas de inclusión educativa", co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e a diversidade do alumnado. En definitiva, unha educación que "garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornas e culturas inclusivas".

Accede aquí ao documento coa resolución oficial do premio.

SAMAÍN 2019

Os ciclos superiores TSEASD e TSAF levaron a cabo a animación da festa do Samaín deste curso 2019-20. Todo foi unha sorpresa preparada con moito secreto polo alumnado e a súa profesora Marta.

 

Por unha banda, o alumnado de 1º de TSAF exhuibiu, durante o recreo, unha coreografía de aerobic que representaba o despertar dos zombis do pavillón. Esta actuación tivo unha gran aceptación por parte dos compañeiros e compañeiras do instituto, así como dos profesores e profesoras que se acercaron. Agradecemos a súa participación como espectadores!

 

Por outra banda, o alumnado de 2º TSEASD montou unha casa do terror na que se representaba aos compoñentes dun circo que, tempos atrás, pechara as súas actuacións por motivos aínda hoxe descoñecidos. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 1º e 2º ESO que puido vivir unha experiencia terroríficamente inolvidable.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut