Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

FESTEXAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC mudou a letra de catro cancións galegas (A saia da Carolina, O Himno de Galicia, Se chove e O sacristán de Coímbra) por outra que contase a vida e obra da nosa Rosalía de Castro. Mirade que resultado tan fermoso!Moitas grazas ao profesorado de Música e de Lingua Galega e, por suposto, á nosa rapazada polo traballazo realizado!

 

Pola súa banda o alumnado de 1ºESO saíu por Carril o  pasado venres 3 de Marzo para conmemorar o Día de Rosalía de Castro recitando poemas da autora. Graciñas á profe de Lingua Galega por tan fermosa actividade!

 

PERCORREMOS A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO NA VOZ DE DANI BARREIRO

O alumnado de 2ºESO fixo unha breve e apaixonante viaxe pola vida de Rosalía de Castro da man de Dani Barreiro, que combinou música e poesía co seu espectáculo “Rosalía en catro poema e catro cancións”.

Ver album de fotos

GAÑADORAS DO CONCURSO DE POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O Departamento de Lingua Galega (a través da profesora María Roma), o EDLG e o equipo de igualdade fixeron un pequeno concurso de poesía entre o alumnado de 2ºESO. As tres rapazas gañadoras leron os seus poemas no acto celebrado no recreo este día 25 de novembro.

As gañadoras foron:

  • Emma Durán Rodríguez 2ºESOA
  • Mariña Alonso Beloso 2ºESOB
  • Gaila González Pillado 2ºESOB
Para ler as cartas e ver as fotos fai clic nas imaxes

ENCONTRO COA ESCRITORA ARANTZA PORTABALES

Na tarde do martes 8 de xuño, o alumnado de 1º de BACH do noso IES tivo a oportunidade de atoparse coa escritora Arantza Portabales, autora do libro escollido como lectura neste terceiro trimestre na materia de galego: Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Na xuntanza, organizada no auditorio de Vilagarcía, Arantza explicoulles o proceso de creación desta obra e respondeu ás preguntas que os rapaces e rapazas lle formularon sobre ela. Ademais, foi tamén un espazo de
reencontro coa súa antiga profe, Pilar. Foi unha xornada ben produtiva!

        

----------

NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, e xustamente neste ano 2017 conmemorase o 180 aniversario do seu nacemento. Por iso o alumnado de 1ºESO preparou este vídeo e celebrouno ao seu xeito.

NOVAS DO NOSO PROFESOR EMÉRITO RAMÓN BREA

O noso querido profesor de galego Ramón Brea, xa xubilado, non para de bulir. Entre outras cousas, forma parte da asociación cultural Barbantia: 

"Dende hai algún tempo, unha morea de amigos do Barbanza, os máis deles creadores e animadores culturais, viñamos acariñando a idea de crearmos un espazo que nos xunte e que sexa unha especie de lugar común para a cultura. Despois de moitas conversas, decidimos fundar Barbantia, unha asociación cultural que pretende ser un centro de ideas, un proxecto común, aberto, de carácter independente, co único ánimo de lucro da cultura como elemento enriquecedor."

www.barbantia.es

Se queredes saber máis sobre a asociación Barbantia podedes visitar o seu sitio web.

Desde o nacemento da asociación, Barbantia publica cada venres de fin de mes no Xornal La Voz de Galicia un suplemento cultural, A Voz de Barbantia. E aquí tedes a Ramón.

Para ler a reportaxe no xornal podedes premer na imaxe ou aquí.

 

LETRAS GALEGAS 2016: HOMENAXE A MANUEL MARÍA

A víspera do día das Letras Galegas un numeroso grupo formado por alumnado, persoal non docente e persoal docente xuntaron as súas voces para cantar un poema de Manuel María versionado polo mítico grupo galego Fuxan os Ventos. O poema titúlase O Carro. Velaí o resultado:

 

Ademais o alumnado de 1º Bacharelato quixo sumarse a esta homenaxe cunha divertida performance baseada no poema Breve manual para deprender para señorito de Manuel María nunha versión cantada por María Manuela (1978). 

Distribuir contido


by Dr. Radut