Os alumnos do bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades visitaron dúas empresas: Talleres Castelo en Vilaxoán e Conservas Friscos en Catoira.
(Para agrandar, fai clic nas imaxes)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesocarril/system/files/photo1.jpg)
En Talleres Castelo vimos os prototipos e as máquinas que deseñan e fabrican, algunhas con patentes internacionais. Unha das máquinas serve para cocer o marisco separando ela mesma a cuncha da carne, cun cesto que filtra a arenilla da ameixa. Tamén vimos unha máquina que "afeita" as barbas do mexilón. Todo elo invención da casa.
A empresa vende a súa maquinaria por todo o mundo e son pioneiros e líderes mundiais na fabricación de máquinas cocedoras de marisco.
Chamóume a atención cando nos falaron da isla Chiloé , en Chile, onde venden parte da súa maquinaria, e que alí, nas bateas do mexilón, conviven dende baleas ata focas.
En
Conservas Friscos vimos todas as fases do proceso de envasado do atún, dende que éste chega
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesocarril/system/files/photo2.jpg)
conxelado ata que é envasado, pasando polo cocemento do atún e a limpeza das espiñas e da pele polas traballadoras.
Tamén nos explicaron a integración vertical da compañía no caso do mexilón, xa que ten as súas propias bateas e transportes, o que permite que só pasen 4 horas dende que o mexilón está na batea ata que chega á fábrica.
A empresa fai a marca blanca de Eroski e tamén dunha empresa alemana, facturando ó ano arredor duns 50 millóns de euros.
Na visita fumos coas nosas batiñas e gorros, como debe ser, e por riba estaba unha inspectora de sanidade naquel intre.
As visitas foron enriquecedoras e manifestamos o noso agradecemento á familia Castelo, de Talleres Castelo, e a Luis Rivera, director de Conservas Friscos, polo seu tempo e a xenerosidade de explicarnos tan ben os entresixos das súas compañías.
Ana Limeres