ENCONTROS VIRTUAIS NA USC - 21, 22, 25 E 26 DE MARZO
Durante os días 21, 22, 25 e 26 de marzo tes a oportunidade de mergullarte no pequeno cosmos universitario a través destes encontros virtuais que teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC e onde poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade.
A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da semana).
En cada grao está o horario e a ligazón para conectarse por videoconferencia con profesorado do centro.
Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta ...