Novas destacadas

MATRÍCULA E PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2017/2018

Durante as vindeiras semanas realizarase a prematrícula do alumnado do IES Monte da Vila. O sentido deste proceso é a escolla da preferencia de materias e itinerarios para organizar a oferta, grupos e horarios do curso 2017/2018.

Neste proceso participará tamén o alumnado de 4º de ESO do IES As Bizocas.

Utilizaremos para levalo a cabo os seguintes formularios en liña, que só estarán dispoñibles e activos nas datas indicadas polos titores correspondentes aínda que poidan consultarse en todo momento a título informativo. Os formularios serán impresos posteriormente para ser asinados polas familias.

O proceso de matrícula para o alumnado de 1º de ESO e o resto de cursos con todas as materias aprobadas na avaliación ordinaria comezará o día 26 de xuño. É imprescindible realizar a matrícula de todo o alumnado, incluídos aqueles que reservaran praza ou xa estiveron matriculados durante o curso anterior.

O resto do alumnado procederá a matricularse despois da convocatoria extraordinaria de setembro.

FORMULARIOS DE PREMATRÍCULA:

2º ESO

3º ESO

4º ESO ENSINANZAS APLICADAS

4º ESO ENSINANZAS ACADÉMICAS

1º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS

1º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS SOCIAIS

1º BACHARELATO MODALIDADE DE HUMANIDADES

1º BACHARELATO MODALIDADE DE ARTES

2º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS

2º BACHARELATO MODALIDADE DE CIENCIAS SOCIAIS

2º BACHARELATO MODALIDADE DE HUMANIDADES

 

Calendario final de curso 2º Bacharelato

Adxuntamos PDF coa información relativa ao calendario final de curso 2º bachillerato

Calendario final de curso 2º bacharelato

Listaxes do alumnado admitido para o curso 2017/18

 

Adxúntase PDF cos datos relativos ao alumnado admitido para o curso 2016/2017.

 

Listaxe (PDF)

 

 

Semana Cultural Monte de Experiencias do 24 ao 28 de abril de 2017

 

Esta semana estamos a celebrar a Semana Cultural Monte de Experiencias.

 

Clicando na seguinte imaxe podedes consultar o programa

 

Convocatoria a Asamblea Extraordinaria do ANPA "AS BOUZAS" DO IES MONTE DA VILA

A directiva do Anpa As Bouzas do IES Monte da Vila permítese convocar a tódolos pais, nais e titores para a asamblea xeral Extraordinaria o próximo martes día 14 de marzo de 2017 ás 18:00hs en primeira convocatoria e ás 18:15hs en segunda convocatoria, nas instalacións do centro educativo.

Adxuntamos PDF coa convocatoria.

Saída á Coruña

 

O pasado 9 de febrero de 2017 os alumnos de 4º ESO e 1º BAC da materia de Deduxo Artístico I e Volume foron Á Coruña para practicar patinaxe sobre xeo. Tamén poideron realizar unha visita guiada ás exposicións temporais do Museo de Arte Contemporánea (MAC): O dobre da mitade de Rubén Ramos Balsa e Traballo absoluto de Juan Luis Moraza. Finalmente, os alumnos disfrutaron dun obradoiro sobre imaxe 3D, no que fixeron unha aproximación práctica á cuestión da imaxe estereoscópica dende unha dobre perspectiva: biolóxica (anatomía e utilidade da visión en relieve) e tecnolóxica (funcionamento e aplicacións para simular este efecto).

Enlace a páxina Museo MAC

 

Enlace a galería fotos

 

 

 

 

Enquisas a clientes potenciais

 

O mércores 1 de febreiro, os alumnos de cuarto de ESO que cursan a materia Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, saíron á rúa para realizar enquisas aos seus potenciais clientes. Están a desenvolver unha aplicación móbil para axudar a aforrar aos consumidores na súa compra diaria nos supermercados da contorna.

 

 

Actividades do Departamento de Electrónica

O Departamento de Electrónica  realizou diferentes actividades co alumnado do ciclo.

 

24/10/16

 

Práctica para o grupo de segundo  da unidade Infraestructura de redes locais de datos. O obxectivo da actividade é que os alumnos vexan os distintos equipos de redes e cableado dos mesmos dentro do armario. Posteriormente fan o análise da colocación dos equipos, consumo, estética, normas, etc. Finalmente propoñerán una distribución mellorada (se é posible).

 

04/11/16

 

Práctica para o grupo de primeiro da unidade A xestión da prevención. O alumnado durante esta actividade fai un estudo do plan de autoprotección do centro para aprender oas pasos a seguir na hora de realizar una evacuación.

 

08/11/16

 

Práctica para o grupo de primeiro da unidade A xestión da prevención. Durante aactividade os alumnos estudaron o plan de autoprotección do centro e elementos de seguridade como extintores, mangueiras, botiquín, etc, así como a súa localización e indicación nos planos, caducidade, etc. 

Libros de texto Curso 2016-2017

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.

Debe advertirse que hai novos libros nos cursos de 2º e 4º da ESO debido á entrada en vigor da LOMCE. Asimesmo, prodúcense algúns outros cambios no Bacharelato.

Calendario de matrícula e exames de setembro

O período de matrícula para o alumnado da ESO e Bacharelato que aprobou o curso 2015-2016 é do 27 de xuño ao 10 de xullo.

O alumnado que pretenda solicitar a matrícula en FP deberá facelo na aplicación da Consellería ciclosadmisión.

O calendario de matrícula de setembro, así coma o das probas extraordinarias está dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposto nos taboleiros do centro.

Distribuir contido