Novas destacadas
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBA DE ACCESO
IMPORTANTE LER CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS
- Grado medio. Consulta aquí: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8723
- Grado superior. Consulta aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8724
Xa está dispoñible a asignación de sede para as probas. Consulta aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8668
Para o IES Monte da Vila a asignación de centro-sede é o IES Luis Seoane (Pontevedra)
Actualizaronse as datas das probas de acceso a ciclo e medio e superior.
- As probas de acceso a ciclos de grado medio serán o 10 de xuño de 2020.
- As probas de acceso a ciclos de grado superior serán o 11 de xuño de 2020.
Consulta o documento adxunto para saber os documentos que precisas e como se desenvolverán as probas.
Consulta as convocatorias:
- Grado medio: http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual
- Grado superior: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior
Fondo de Libros Curso 2020/2021
Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 19 de xuño.
A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.
Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:
- 1º ESO: 25 e 29 de maio. 4, 10 e 16 de xuño
- 2º ESO: 26 de maio. 1,5, 11 e 17 de xuño.
- 3º ESO: 27 de maio. 2, 8, 12 e 18 de xuño.
- 4º ESO: 28 de maio. 3, 9, 15 e 19 de xuño.
Evitar, ademais, esperar á derradeira semana. O horario da Secretaría do Centro é de 9 a 14 horas.
Actualización das instrucións para o terceiro trimestre (04/05/2020)
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar unhas orientacións provisionais. En base ás mesmas, tentaremos organizar o traballo e informar á comunidade educativa.
Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización das ABAU
1. TRABALLO DO TERCEIRO TRIMESTRE - ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
Desde o centro queremos animar a todo o alumnado a traballar segundo as instrucións que recibirán do profesorado, tanto para recuperar ou reforzar contidos de avaliacións anteriores, como para adquirir uns coñecementos necesarios para o curso seguinte. É importante que o alumnado, na medida das súas posibilidades, traballe seguindo estas orientacións para o seu beneficio presente e futuro.
O profesorado actualizou as instrucións correspondentes e subíu as adaptacións das programacións no apartado “Departamentos” desta páxina web con acceso a través do botón "Departamentos"
2. INFORMACIÓN SEMANAL DE TAREFAS
De cara a unha mellor información e coordinación de actividades, temos creado unha páxina por curso onde poderán consultar, semanalmente as actividades a desenvolver polo alumnado, no seguinte enlace
O IES MONTE DA VILA – TAREFAS SEMANAIS
3. AXUDA AO ALUMNADO: COORDINACIÓN E CONTACTO CON TITORES E PROFESORADO
Para desenvolver adecuadamente estas tarefas pretendemos establecer un calendario de contacto dos titores e profesorado co alumnado. Este contacto será, na medida do posible, a través de sesións semanais virtuais de titoría de grupo e de materia. Poden consultar o calendario de cada curso no enlace anterior.
Estas sesións engaden unha canle de comunicación directa ás xa existentes para que o alumnado comunique as dificultades para desenvolver as tarefas propostas ou seguir as indicacións do profesorado, resolución de dúbidas, etc. A comunicación entre persoas titoras e familias realizarase a través de abalarMóbil. A problemática pode vir de diferentes situacións que comentamos a continuación.
3.1. PROBLEMAS NO ACCESO Á AULA VIRTUAL
No caso de que algún alumno/a non teña acceso á aula virtual ou perdera a contrasinal, deberá enviar un correo electrónico ao administrador da mesma (rsmozos@edu.xunta.es) indicando o seu nome, curso e dirección de correo electrónico ao que desexa vincular a conta da aula virtual.
3.2. DIFICULTADES CO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA ACTIVIDADES ONLINE
Dende as titorías do instituto estamos a consultar a todo o alumnado as súas necesidades para tentar darlles solución. No caso de ter calquera problema neste sentido, ademais de informar á persoa titora, pode enviar unha mensaxe ao correo do instituto.
3.3. LIBROS OU MATERIAL NO INSTITUTO
A partir do luns 13 de abril comezamos a entregar de novo material ao alumnado que o deixara no centro. En caso de necesitar recoller calquera material no centro, deberá enviarse un correo a ies.monte.vila@edu.xunta.es indicando o nome do alumno/a, curso e grupo, relación de material que solicita, ubicación detallada do mesmo (no caso de estar na súa mesa, ubicación da mesma na aula), e un teléfono de contacto. Unha vez localizado o material, indicarase a forma de recollelo seguindo as normas de seguridade indicadas polo servizo de emerxencias do Grove.
4. ABALARMÓBIL
Pregamos a todas as familias que, no caso de non ter instalado o abalarmobil, o instalen canto antes para poder recibir a información que enviamos a toda a comunidade educativa e para ofrecer información personalizada ás familias.
5. ADMISIÓN E MATRÍCULA
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible nesta ligazón: Máis información sobre o proceso de admisión
As persoas que desexen entregar a solicitude no centro deberán acudir entre o luns 11 e o venres 18 de maio en horario de 9 a 14 horas. Deben facelo mantendo unha distancia de seguridade mínima de 2 m entre elas en todo momento e seguir ás indicacións que reciban ao chegar ao centro.
Prazos
Presentación de solicitudes: |
entre o luns 11 e o venres 18 de maio de 2020 |
|
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: |
ata o día 26 de maio de 2020. |
|
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: |
antes do 9 de xuño de 2020. |
|
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais |
no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. |
|
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: |
ata o 26 de xuño de 2020. |
|
Formalización da matrícula en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: |
Prazo ordinario: do 1 ao 10 xullo. |
Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro. |
6. MÁIS INFORMACIÓN
No momento en que recibamos máis instrucións desde a Consellería, farémoslla chegar.
En caso de calquera dúbida, poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es
Actualización das instrucións para o período de suspensión das actividades lectivas no centro (31/3/2020)
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar diferentes medidas e informacións dende a comunicación do estado de alarma
Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU
TAREFAS E INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO
O profesorado incorporou nos últimos días, as instruccións correspondentes no apartado "Departamentos" desta páxina web, con acceso a través do botón "Departamentos", para que o alumnado poida realizar diferentes tarefas relacionadas cos contidos curriculares no seu domicilio. Nestas instruccións, cada profesor indica a/as plataformas de formación online que debe utilizar o alumnado.
PROBLEMAS CO ACCESO Á AULA VIRTUAL
No caso de que algún alumno/a non teña acceso á aula virtual ou perdera a contrasinal, deberá enviar un correo electrónico ao administrador da mesma (rsmozos@edu.xunta.es) indicando o seu nome, curso e dirección de correo electrónico ao que desexa vincular a conta da aula virtual.
DIFICULTADES CO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA ACTIVIDADES ONLINE
O Concello do Grove facilitaralle equipamento informático para continuar a súa formación a distancia ao alumnado que o precise.
Instrucións para a súa solicitude
Dende as titorías do instituto estamos a consultar a todo o alumnado as súas necesidades para tentar darlles solución.
LIBROS OU MATERIAL NO INSTITUTO
Atendendo ao RD Lei 10/2020, o centro permanecerá pechado ata novo aviso. Por este motivo, non é posible recoller fisicamente material no instituto. En caso de necesitar materiais, deberá enviarse un correo a ies.monte.vila@edu.xunta.es explicando a situación e indicando nome do alumno/a, grupo e materia, para poder trasladarlle a petición ao docente correspondente e poida así proporcionar os contidos necesarios ou unha alternativa aos mesmos en formato dixital.
IMPORTANTE ABALARMÓBIL
Pregamos a todas as familias que, no caso de non ter instalado o abalarmobil, o instalen canto antes para poder recibir a información que enviamos a toda a comunidade educativa e para ofrecer información personalizada ás familias.
ADMISIÓN E MATRÍCULA
“Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes”
O proceso de prematricula queda aprazado ata novo aviso. O procedemento para a mesma será comunicado ao longo do mes de abril.
CUALIFICACIÓNS DA 2ª AVALIACIÓN
As cualificacións da 2ª avaliación enviaranse pola aplicación Abalarmóbil na mañá do venres 3 de abril. Por esa razón, de non ter esta aplicación instalada no teléfono móbil, polo menos un dos responsables do alumnado deberá:
Opción 1 (a máis recomendable): instalar a aplicación Abalarmobil antes do venres día 3.
Opción 2: Enviar antes do venres día 3 un correo electrónico ao centro (ies.monte.vila@edu.xunta.es) indicando, no asunto:
Asunto: Cualificacións 2º av de …………………… (nome e apelidos do/da alumno/a).
E poñendo no texto principal:
Eu, (nome e apelidos do/da responsable) .......................solicito o envío a esta dirección de correo electrónico as cualificacións na 2ª avaliación do meu/miña fillo/a.
Para comprobar a identidade, deberá enviar igualmente os seguintes datos:
DNI e teléfono fixo e móbil do representante.
DNI do alumno/a.
INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE (2ª Avaliación)
A avaliación do segundo trimestre realizarase seguindo as instrucións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do pasado 27 de marzo, nas que se concreta o seguinte:
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.
3ª AVALIACIÓN
Non temos instrucións sobre a concrecion de medidas a adoptar en relación á terceira avaliación, en canto as teñamos, publicarémolas para o seu coñecemento.
En caso de calquera dúbida, poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es
Prematrícula Curso 2019/20 - Información
Podedes consultar os itinerarios da ESO e os itinerarios de Bacharelato
Podedes consultar a seguinte información por curso:
a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. Enlace en Word.
b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas.
Caderno 4º ESO para Familias e Alumnado 2019-2020
O Departamento de Orientación pon a disposición da comunidade educativa un caderno coa información académica e profesional para os estudantes de 4º da ESO. Entre outras detállanse:
- Criterios de Titulación.
- ACLARACIÓN: Estos son os criterios habituais para obter o título en ESO pero este curso, de forma excepcional, motivado polo COVID-19, debemos aínda esperar ao que dispoña a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ou o Ministerio de Educación y Formación Profesional.
- Posibilidades para continuar os estudos: Grados de Formación Profesional, Bacharelatos, ensinanzas de réxime especial.
- Oposicións a corpos e forzas de segurudade do estado.
Procedemento de admisión curso 2020/21
Faise público o procedemento de admisión do IES Monte da Vila para o curso 2020/2021 para ESO e Bacharelato.
Datas:
- Presentación de solicitudes do 1 ó 20 de marzo.
- Resolución provisional antes do 25 de abril.
- Resolución definitiva antes do 15 de maio.
- Matrícula:
- 25 de xuño o 10 de xullo (ordinaria).
- 1 ó 10 de septembro(extraordinaria).
O número de prazas e os detalles do procedemento poden consultarse no ficheiro adxunto.
Alumnado seleccionado para o Erasmus+
Tras o proceso de sección, o alumnado das movilidades correspondentes é o seguinte:
CRETA (GRECIA)
- 3 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en Rétino, na illa de Creta (Grecia).
SMR 2:
- Christian Méndez Escudeiro
- Brais González Estévez
- Joel Pérez Montes
BRAGA (PORTUGAL)
- 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Servizos Administrativos, para realizar unha estadía de 62 días en Braga (Portugal).
FPB2
- Brais Rodríguez Hermo
- Breixo Vilas Fernández
Orde da listaxe de espera:
SMR2:
Jaime Cabaleiro Poceiro
Daniel Devesa Cousido
Joel García Folgada
Samuel Dacosta Pérez
Miguel Sabor Valiño
FPB2:
Roi Lois Domínguez
Valeria Torres
Manuel Álvarez Araújo
David Cacabelos
Alba Pérez Bea
Probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional - Convocatoria 2020
Acaba de publicarse a convocatoria das probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional.
- Información para as probas de ciclos medios. O prazo de inscripción remata o 13 de marzo. A data da proba será o 28 de maio.
- Información para as probas de ciclos superiores. O prazo de inscripción remata o 19 de febreiro. A data da proba será o 23 de abril.
Exames finais ciclos
Publícanse as datas, horarios e aulas dos exames finais do ciclo básico Servizos Administrativos e do ciclo medio Sistemas Microinformáticos e Redes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »