Actualización das instrucións para o terceiro trimestre (04/05/2020)
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar unhas orientacións provisionais. En base ás mesmas, tentaremos organizar o traballo e informar á comunidade educativa.
Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización das ABAU
1. TRABALLO DO TERCEIRO TRIMESTRE - ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
Desde o centro queremos animar a todo o alumnado a traballar segundo as instrucións que recibirán do profesorado, tanto para recuperar ou reforzar contidos de avaliacións anteriores, como para adquirir uns coñecementos necesarios para o curso seguinte. É importante que o alumnado, na medida das súas posibilidades, traballe seguindo estas orientacións para o seu beneficio presente e futuro.
O profesorado actualizou as instrucións correspondentes e subíu as adaptacións das programacións no apartado “Departamentos” desta páxina web con acceso a través do botón "Departamentos"
2. INFORMACIÓN SEMANAL DE TAREFAS
De cara a unha mellor información e coordinación de actividades, temos creado unha páxina por curso onde poderán consultar, semanalmente as actividades a desenvolver polo alumnado, no seguinte enlace
O IES MONTE DA VILA – TAREFAS SEMANAIS
3. AXUDA AO ALUMNADO: COORDINACIÓN E CONTACTO CON TITORES E PROFESORADO
Para desenvolver adecuadamente estas tarefas pretendemos establecer un calendario de contacto dos titores e profesorado co alumnado. Este contacto será, na medida do posible, a través de sesións semanais virtuais de titoría de grupo e de materia. Poden consultar o calendario de cada curso no enlace anterior.
Estas sesións engaden unha canle de comunicación directa ás xa existentes para que o alumnado comunique as dificultades para desenvolver as tarefas propostas ou seguir as indicacións do profesorado, resolución de dúbidas, etc. A comunicación entre persoas titoras e familias realizarase a través de abalarMóbil. A problemática pode vir de diferentes situacións que comentamos a continuación.
3.1. PROBLEMAS NO ACCESO Á AULA VIRTUAL
No caso de que algún alumno/a non teña acceso á aula virtual ou perdera a contrasinal, deberá enviar un correo electrónico ao administrador da mesma (rsmozos@edu.xunta.es) indicando o seu nome, curso e dirección de correo electrónico ao que desexa vincular a conta da aula virtual.
3.2. DIFICULTADES CO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO PARA ACTIVIDADES ONLINE
Dende as titorías do instituto estamos a consultar a todo o alumnado as súas necesidades para tentar darlles solución. No caso de ter calquera problema neste sentido, ademais de informar á persoa titora, pode enviar unha mensaxe ao correo do instituto.
3.3. LIBROS OU MATERIAL NO INSTITUTO
A partir do luns 13 de abril comezamos a entregar de novo material ao alumnado que o deixara no centro. En caso de necesitar recoller calquera material no centro, deberá enviarse un correo a ies.monte.vila@edu.xunta.es indicando o nome do alumno/a, curso e grupo, relación de material que solicita, ubicación detallada do mesmo (no caso de estar na súa mesa, ubicación da mesma na aula), e un teléfono de contacto. Unha vez localizado o material, indicarase a forma de recollelo seguindo as normas de seguridade indicadas polo servizo de emerxencias do Grove.
4. ABALARMÓBIL
Pregamos a todas as familias que, no caso de non ter instalado o abalarmobil, o instalen canto antes para poder recibir a información que enviamos a toda a comunidade educativa e para ofrecer información personalizada ás familias.
5. ADMISIÓN E MATRÍCULA
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible nesta ligazón: Máis información sobre o proceso de admisión
As persoas que desexen entregar a solicitude no centro deberán acudir entre o luns 11 e o venres 18 de maio en horario de 9 a 14 horas. Deben facelo mantendo unha distancia de seguridade mínima de 2 m entre elas en todo momento e seguir ás indicacións que reciban ao chegar ao centro.
Prazos
Presentación de solicitudes: |
entre o luns 11 e o venres 18 de maio de 2020 |
|
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: |
ata o día 26 de maio de 2020. |
|
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: |
antes do 9 de xuño de 2020. |
|
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais |
no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. |
|
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: |
ata o 26 de xuño de 2020. |
|
Formalización da matrícula en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: |
Prazo ordinario: do 1 ao 10 xullo. |
Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro. |
6. MÁIS INFORMACIÓN
No momento en que recibamos máis instrucións desde a Consellería, farémoslla chegar.
En caso de calquera dúbida, poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.monte.vila@edu.xunta.es