Novas destacadas
Fondo libros e axudas para adquisición de material Curso 2018/2019
Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan axudas para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019. (DOG, 21 MAIO 2018)
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: dende o 22 de maio ao dia 22 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos).
PODEN SOLICITAR:
· FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2018/19
· MATERIAL ESCOLAR (CHEQUE): para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2018/19.
Toda a información no seguinte PDF
FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR
Prematrícula Curso 2018-2019
Nas próximas semanas e ata o día 4 de maio, levaremos a cabo diferentes sesións de información de cara á prematrícula para o curso 2018-2019.
Adxuntamos información cos itinerarios e formularios para cada curso.
ITINERARIOS NO IES MONTE DA VILA
Itinerarios 1º de Bacharelato: estamos pendentes da confirmación ou non do bacharelato de artes, indicamos as dúas posibilidades:
Itinerarios Bacharelato (sen a modalidade de Artes)
Itinerarios Bacharelato (coa modalidade de Artes)
FORMULARIOS DE PREMATRÍCULA POR CURSO
Formulario 1º Bacharelato (artes)
Simulacro de incendio o vindeiro xoves 22 de marzo
Para a tranquilidade de toda a comunidade educativa, comunicamos que o vindeiro xoves 22 de marzo levarase a cabo un simulacro de incendios no noso instituto.
Máis información sobre os procedementos a seguir:
LISTAXES DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO
Adxuntamos listaxes de axudas de libros de texto.
Libros de texto Curso 2017/18
A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.
Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería 2017-18
As empresas interesadas deberán cubrir e entregar o impreso de solicitude que se adxunta. O prazo para facelo comeza o día 10 de xullo e remata o 14 de xullo de 2017. Pódense entregar na secretaría deste centro en horario de mañá (9.00-14.00 h.) ou ben remitilas por correo á dirección: IES Monte da Vila, Bouzas 22, apartado de correos 88, O Grove 36980 (Pontevedra).
Unha vez rematado este prazo, a dirección do centro enviará unha carta certificada con acuse de recibo a esas empresas para que formulen a súa oferta e entreguen a documentación necesaria segundo se indica na Instrución 7/2017, do 30 de maio de 2017. Cómpre entregar as solicitudes nun sobre pechado que será aberto publicamente nunha data e hora que se anunciarán tanto no taboleiro de anuncios do centro como na súa páxina web. Unha vez abertos, a dirección do centro educativo realizará un informe no que valorará as ofertas presentadas en base aos criterios sinalados nas instrucións, de xeito que clasificará as proposicións presentadas por orden decrecente, e requirirá ao licitador que teña presentada a oferta clasificada en primeiro lugar a documentación pertinente.
Para acceder a toda a información premede nos seguintes enlaces:
- Canon mínimo do IES Monte da Vila
- Anexo IV (inventario)
Exames de setembro 2017 e calendario de matrícula 2017/18
Adxúntase calendario de exames de setembro 2017 e de matrícula para o próximo curso 2017/18.
Novo ciclo de informática: Sistemas microinformáticos e redes
No próximo curso 2017/18 impartirase no noso instituto un novo ciclo de grao medio de informática, o ciclo de
Este ciclo responde á gran demanda actual sobre as novas tecnoloxías, e supón unha actualización das ensinanzas que impartimos no noso centro en relación á demanda do alumnado e de empresas en xeral.
Os módulos que se imparten neste ciclo son os seguintes:
-
Montaxe e mantemento de equipamentos.
-
Sistemas operativos monoposto.
-
Aplicacións informáticas.
-
Sistemas operativos en rede.
-
Redes locais.
-
Seguridade informática.
-
Servizos en rede.
-
Aplicacións web.
-
Formación e orientación laboral.
-
Empresa e iniciativa emprendedora.
-
Formación en centros de traballo.
Graduación de 2º de bacharelato - Curso 2016/17
O pasado sábado 10 celebramos a graduación do noso alumnado de segundo de bacharelato.
Noraboa a todos e moita sorte!
Fondo solidario de libros de texto 2017/18
O luns, 22 de maio, publicouse no DOG a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Informamos ás familias do alumnado que a partir do luns 29 de maio poden recoller na secretaría do centro o impreso para tramitar a solicitude. O prazo para presentalas remata o 23 de xuño.
Máis información, no anuncio na web da Consellería de Educación:
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »