Novas destacadas
Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2018/2019
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – MAIO (Convocatoria ordinaria)
- Reclamación no centro: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14h).
- Entrega ao alumnado da resolución: ás 14h do 24 de maio.
- Reclamación ante a comisión de supervisión: antes das 18h do 27 de maio.
RECLAMACIÓN DE 2º BACH – XUÑO (Convocatoria extraordinaria)
- Reclamación no centro: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14h).
- Entrega ao alumnado da resolución: ás 12h do 27 de xuño.
- Reclamación ante a comisión de supervisión: antes das 14:00h do 27 de xuño.
Enlace á Circular e Orde que as regula
Formularios de Prematrícula e Itinerarios 2019-2020
Formularios de prematrícula
Itinerarios
Lista de admitidos en Bacharelato para o curso 2019/2020
Lista de admitidos en 1º de Bacharelato para o curso 2019-2020
O centro publica a resolución provisional da lista de admitidos no centro en 1º de Bacharelato para o curso 2019-2020.
Mediación entre iguais
Este curso comeza a mediación entre iguais, un recurso voluntario para que os alumnos poidan resolver conflictos coa axuda de alumnos mediadores.
|
Para ver os carteis do equipo de mediación preme na imaxe inferior ou preme aquí
Xornadas de formación a familias
O CFR de Pontevedra, Concello de Sanxenxo e Federación de ANPAS O Con de Sanxenxo organizan:
CONFERENCIAS NO PAZO EMILIA PARDO BAZÁN
- Javier Urra - Venres 15 de marzo ás 20:00 - Del niño consentido al adolescente agresivo
- Catherine L’Ecuyer -Venres 5 de abril ás 20:00 - Educar en el asombro
Máis información e inscripción: prema aquí ou descargue o ficheiro adxunto
Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de febreiro e remata o día 20 de marzo.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
CONVOCATORIA DE PROBAS PARA O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR
Publicada a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.
Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Máis información: Preme na opción elixida.
Información das probas de acceso a Grao Medio
Información das probas de acceso a Grao Superior
Calendario das probas de acceso
Información de comezo de curso 2018/19
O vindeiro luns 17 de setembro comeza o curso 2018/19.
Ás 8:30 do luns publicaranse as listaxes de alumnado por curso e grupo. A partir das 8:45 o alumnado será chamado para a súa presentación na seguinte orde:
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO
1º FP BÁSICA
2º FP BÁSICA
1º CM SMR
2º CMSMR
Avisos: haberá transporte escolar con normalidade.
CAFETERÍA: non haberá servizo de cafetería ata novo aviso. A Xunta de Galicia está pendente de formalizar os contratos coas cafeterías dos centros educativos de Galicia polo que sentimos comunicar que non poderemos ofrecer este servizo nas primerias semanas de curso.
Apertura do prazo de solicitudes de bolsas do MEFP para o curso 2018 - 2019
No BOE do pasado 16 de agosto de 2018 publicouse a convocatoria do MEFP para a solicitude de bolsas para o vindeiro curso 2018 - 2019:
- Destinatarios: estudantes que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, cursen estudos postobrigatorios (1º ou 2º de Bacharelato) ou con necesidades específicas de apoio educativo.
- Órgano responsable da convocatoria: MEFP.
- Prazo de solicitudes: do 17 de agosto ao 01 de outubro de 2018 para estudantes de estudos postobrigatorios e do 15 de agosto ao 27 de setembrode 2018 para estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.
- Forma de presentación de solicitudes: telemática a través da sede electrónica.
Para saber máis desta convocatoria poden premer na imaxe desta entrada e acceder á ligazón con toda a información ou ler un resumo da mesma no arquivo adxunto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »