Skip to Content
 

BOLSAS NORTEAMÉRICA 2025-2026

Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) en Canadá.

Máis información no seguinte enlace: premer

ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

As Antenas de Información Xuvenil do noso IES durante este curso van ser Catalina Bago e Sabela García, dúas alumnas de 4º ESO.
 
Para divulgar a información, estas alumnas  utilizarán a conta de Instagram do centro facilitada polo CMIX, utilizarán tamén a cortiza situada na planta baixa á beira da entrada da aula de Xurxo Lobato (como punto físico para colocar a información que consideren máis relevante) e na nosa revista Arredemo!

Enviaron desde o CMIX o primeiro boletín deste curso, recolle información moi interesante para o profesorado e o alumnado: axenda  de actividades culturais (cinema, teatro, musicais, conferencias, exposicións..) e tamén concursos literarios, artísticos, científicos, etc. que poderían ser de interese académico para as clases. Este primeiro boletín xa o tedes colgado en Arredemo! (tedes o link na cabeceira desta web).

RELACIÓN DE OBXECTOS PERDIDOS

Na barra lateral dereita desta WEB tedes unha ligazón a unha relación de obxectos que están perdidos no noso instituto. Agardamos que poida ser de axuda. 

MANUEL RIVAS, PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS 2024

Un dos nosos alumnos máis ilustres, Manuel Rivas, foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024. O xurado destacou ao autor por “a extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial”.

Non vos perdades o manifesto que escribiu para o noso instituto: enlace

 

Parabéns, querido Manuel!

REUNIÓN DE PAIS/NAIS COS TITORES DOS GRUPOS

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS REUNIÓNS COS TITORES DOS GRUPOS

DIA 17 DE SETEMBRO (MARTES) - HORA: 18:30

- PRIMEIRO DE ESO A - Titora: Sonia Bermúdez Couceiro

- PRIMEIRO DE ESO B - Titora: Marta Bellas Bermúdez

- SEGUNDO DE ESO A - Titora: Marta Beatriz Edreira Domínguez

- TERCEIRO DE ESO A - Titora: Sandra Otero Rodríguez

- TERCEIRO DE ESO B - Titora: María José Rodríguez Trinquete

- TERCEIRO DE ESO C - Titora: Marta Rafael Balsa

- TERCEIRO DE ESO PDC - Titora: María Elena García

- CUARTO DE ESO A - Titor: Pedro luis Vázquez García

- CUARTO DE ESO B - Titora: María Goretti Hermida Rodríguez

- CUARTO PDC - Titora: Pilar Tobar Conde

DÍA 24 DE SETEMBRO (MARTES) - HORA: 18:30

- SEGUNDO DE ESO B - Titora: María Cecilia Rodríguez Cancio

- PRIMEIRO DE BACHARELATO A - Titora: Teresa Vargas Novoa

- PRIMEIRO DE BACHARELATO B - Titora: Ana barral Martínez

- PRIMEIRO DE BACHARELATO C - Titor: Manuel López Loures

- PRIMEIRO DE BACHARELATO D - Titora: Ana María Astray Carballo

- SEGUNDO DE BACHARELATO A - Titora: Paula Pazos Vázquez

- SEGUNDO DE BACHARELATO B - Titor: Santiago Dans Sampedro

- SEGUNDO DE BACHARELATO C - Titores: Susana Ferreira e Antonio Frade

PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

INICIO DE CURSO 2024-2025

INSTRUCIÓNS DE COMEZO DE CURSO


O mércores 11 de setembro ás 8:30 dará comenzo o curso escolar 24-25 para a ESO e ás 9:20 para Bacharelato.


ESO

De 8:30 a 10:10 os grupos terán a súa presentación cos respectivos titores nas súas aulas de referencia, e a continuación darán comezo as clases de xeito normal. Polo tanto é conveniente que este primeiro día os nenos e nenas traian libreta e bolígrafo e os beneficiarios de fondo libros traian ademáis unha mochila para levar os libros que teñan adxudicados.

A entrega de libros do Fondo Solidario de libros de texto farase de forma escalonada a partir das 10:30 comezando por 1º de ESO.


BACHARELATO

De 9:20 a 10:10 os grupos terán a súa presentación cos respectivos titores nas súas aulas de referencia, e a continuación darán comezo as clases de xeito normal. Polo tanto é conveniente que este primeiro día os alumnos e alumnas traian libreta e bolígrafo.



O martes 10 de setembro as nais e pais recibirán unha notificación por Abalar onde se lles informará do grupo do seu fillo ou filla. O alumnado que non reciba esta información, o mércores 11 de setembro ás 8:30 horas debe dirixirse á secretaría do centro para saber o grupo que ten asignado.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA

O titor ou titora procederá a chamar ao alumnado do seu grupo, por orde de lista, que irá entrando ao edificio. Unha vez rematado o chamamento, o/a titor/a conducirá ao grupo á súa aula de referencia e lles asignará un pupitre. A continuación, realizará a presentación do curso.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

PRIMEIRO DE ESO

SEGUNDO DE ESO

TERCEIRO DE ESO

CUARTO DE ESO

PRIMEIRO DE BACHARELATO

SEGUNDO DE BACHARELATO

ACTUALIZACIÓN 18 DE XULLO: OS ALUMNOS/AS QUE NON MERCARON O LIBRO DE FILOSOFÍA DE PRIMEIRO DE BACHARELATO QUE NON O FAGAN ATA FALAR CO/A PROFESOR/A A PRINCIPIOS DE CURSO.

ACTUALIZACIÓN 23 DE XULLO: PARA O LIBRO DE XEOGRAFÍA DE SEGUNDO DE BACHARELATO ESPERAR A SETEMBRO PARA FALAR CO PROFESOR/A.

DEVOLUCIÓN DOS ORDENADORES EN PRÉSTAMO

Aqueles alumnos e alumnas que teñen ordenadores do insituto en préstamo, deben devolvelos na seguinte data:

MÉRCORES 26 DE XUÑO DE 9:00 A 10:00 HORAS EN XURXO LOBATO

É importante que o ordenador veña na caixa na que se prestou e limpo.

MEGABAU 2024

Estamos orgullosos de anunciar que catro dos nosos estudantes van participar da homenaxe aos mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024. O acto celebrarase o vindeiro venres 21 de xuño ás 11.30 no Coliseum da nosa cidade.

Parabéns a Raquel Gantes Fernández, Jorge López Cuns, Andrea Valentina Suleimán Casalderrey e Juan Vilariño Rabuñal polo seu traballo durante estes dous último cursos da súa estancia en Monelos.

Distribuir contido


by Dr. Radut