Skip to Content
 

XORNADAS DE COHESIÓN TEI

Desde o departamento de Educación Física están a traballar a titoría entre iguais compartindo experiencias e contidos, nesta ocasión a través do bádminton. Mediante diferentes retos cooperativos búscase fomentar o coñecemento e a interacción entre os titores e os seus  tutorandos.

Tedes máis imaxes na galería

HORA DE LER

Un vampiro, un doutor, unha invocadora de sol, un adolescente con TOC, unha física e un reloxeiro, un rei e un bufón, un paxaro de lume, un dinosauro en miniatura...todas estas personaxes acompañáronnos a semana pasada na nosa Hora de Ler. E tamén nos acompañou o tempo, así que puidemos desfrutar desta actividade ao aire libre, no fermoso parque que temos ao carón do instituto. Aquí nos tedes gozando da lectura!

BECAS PARA ESTUDIAR INGLÉS, FRANCÉS E PORTUGUÉS NO ESTRANXEIRO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca axudas para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras de alumnado de 1º e 2º de bacharelato de centros docentes sostidos con fondos públicos.

.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

Candeloria 2022 no IES Monelos

30 de xaneiro. Concurso día da paz IES Monelos

Concurso realizado polo alumnado de 1º de ESO

 

Música galega: Verto

 Programa de radio realizado polas alumnas de 1º de bacharelato Paula Fariña e Andrea Rodríguez.

No control de son estivo o alumno de 1º ESO C Santiago Camas. 


 

Radio Monelos: programa musical sobre o grupo "Tanxugueiras"

Presentación dun novo programa de Radio Monelos esta vez sobre un grupo tradicional galego que está de moita actualidade: Tanxugueiras. A locución estivo a cargo das alumnas de 1º ESO C Catalina e Sabela; no control de son estivo Santiago tamén do mesmo grupo.


VISITA A SOTAVENTO

Visita ao parque eólico experimental de Sotavento en Xermade (Lugo). Alumnado de 3º e 4º de ESO. Organizado polo Departamento de Tecnoloxía. Tedes algunhas imaxes máis aquí

PROGRAMA TEI (TITORÍA ENTRE IGUAIS)

O IES Monelos participa este curso 2021-2022 no programa TEI. Trátase  dun  proxecto  educativo  innovador  para  mellorar  a  integración  escolar,  a convivencia  entre  o  alumnado  e  evitar  o  acoso  escolar.   O  programa  TEI  (“titorización  entre  iguais”),  é  un  programa  baseado  no acompañamento  de  alumnos  de  3º  de  ESO  a  alumnos  de  1º  de  ESO  (novos  no  centro). Cada  alumno  e  alumna  de  1º  de  ESO  será  titorizado  por  un  compañeiro  ou  compañeira de  3º  de  ESO,  que  estará  preto  del  coa  finalidade  de  axudalo  na  súa  integración  no centro,    diminuír  a  súa  inseguridade,  mediar  nos  conflitos,  actuar  como  referente  para  a mellora  da  autoestima  e  diminuír  os  desequilibrios  de  forzas  que  orixinan  o  acoso escolar.   Na  aplicación  do  TEI,  sensibilizarase  ao  alumnado  contra  o  acoso  escolar    e  a favor  dun  modelo  de  relación  entre  compañeiros  baseado  no  respecto  mutuo,  na corresponsabilidade  e  na  solidariedade.     

Preme na imaxe para ver as fotos da presentación

 

Distribuir contido


by Dr. Radut