Programa emitido por Radio Monelos sobre o grupo "A banda da loba". Como locutoras estiveron as alumnas de 1º ESO C Catalina e Sabela. No control de son Samuel Fernández (4º ESO C). Actividade realizada polo EDLG do IES Monelos.
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.
A voda dos paxariños
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
O mércores 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...
Na semana do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso.
O mércores 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.
Onte os nosos alumnos/ as de primeiro de ESO fixeron a Senda da Ventureira. O roteiro transcorre polas Fragas do Eume entre os municipios de Monfero e A Capela. O roteiro oficial é un tramo lineal de 3,2 km. que vai desde a central eléctrica do Eume ata o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, aínda que se fixo o roteiro circular, percorrendo un total de 7,2 km.
O pasado 24 de outubro a protagonista do noso centro foi a Biblioteca e, por suposto, o alumnado que participou nas actividades programadas para conmemorar este día.
Todo o alumnado do centro, secundaria e bacharelato, podía participar no concurso "marcapáxinas para Grandes Lectores".
O tema que se debía plasmar nos marcadores era "a importancia da lectura nas nosas vidas", tema ao que aludiría o debuxo que debía ilustrar unha das caras do marcador; a outra cara recollería un eslogan que tivese relación co mundo da lectura e das Bibliotecas.
Como seguro que moitos de vós sabedes, a participación foi elevada ao igual que a calidade dos traballos entregados.
Podedes ver os traballos dos gañadores e gañadoras deste concurso, que recibiron un merecido agasallo:
E aínda que a actividade anterior foi ben recibida, a experiencia de levar a Biblioteca á rúa tivo unha importante acollida entre o alumnado.
No inicio da mañá o tempo non acompañou e tivemos que conformarnos co vestíbulo do centro para realizar a actividade programada, pero axiña mellorou o día e saímos para fóra.
Esta actividade consistía en levar a biblioteca á rúa e para iso realizouse unha escolma de libros que se expuxeron na entrtada do centro. Asiña espertamos a curiosidade dos rapaces e rapazas porque sobre algún deses libros se formulaban unha serie de custións ás que debían responder correctamente. Desta volta o agasallo sería para quen respondese correctamente a todas as cuestións propostas.
Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en EE. UU. -equivalente a 1.º de Bacharelato.
Aqueles ex-alumnos/as que teñan rematado os seus estudios ata o curso académico 2016-2017 poden recoller os títulos da ESO e Bacharelato na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.
Orde do 28 de outubro do 2021 pola que se regulan os criterios e os procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG 12 novembro 2021)
Xa foron repartidas as máscaras ao alumnado beneficiario de material escolar e fondo libros. De haber algún alumno/a que cumpra coas condicións que veñen recollidas na Orde pero non sexa beneficiario da axuda de material escolar e fondo libros, poderá facer a solicitude ata o 26 de novembro:
ALUMNADO DESTINATARIO
TRÁMITES
Alumnado que fose beneficiario da axuda de material escolar e fondo libros.
Non ten que realizar ningún trámite, a concesión será automática.
Alumnado que, por diversas circunstancias, non fose beneficiario da axuda de material, pero que cumpre algún dos seguintes requisitos:
Renda familiar igual ou inferior a 6.000 €
Tutelado pola Xunta de Galicia
Discapacidade maior ou igual ao 65%
DOCUMENTACIÓN:
Anexo I e Anexo II, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330E)
Copia do libro de familia
No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial e/ou convenio regulador
LUGAR DE PRESENTACIÓN: IES Monelos (09:30 a 13:30h)