Skip to Content
 

FEIRA VIRTUAL DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS (uniFERIA)

Do 22 ao 24 de febreiro celebrase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE (Conferencia de Rectores das Universidades Españolas) que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22. Funciona como unha Feira Universitaria presencial.

A navegación por UNIFERIA é libre, tras rexistrarse na páxina: aquí

 
A Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que lle ofrece ao futuro alumnado coñecer de primeira man a oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol,  a Vida Universitaria que lle espera e que poida consultar as dúbidas que teña de notas de corte, aloxamento...
 
 
O horario é amplo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h e o persoal da UDC estará pendente para solucionar ao  alumnado  calquera consulta ou aclaración que precisen.
 

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRADO MEDIO E SUPERIOR

Probas de acceso a ciclos de formación profesional de grado medio y superior. Publicada a orde de convocatoria de 2021.

+info--> aquí

Inscrición aberta ata o 3 de marzo en probas de acceso a ciclos de grado superior.

A proba ten dúas partes:

- Común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.

- Específica: escolle dúas materias duhna das tres opcións.

Lembra que para inscribirse é necesario ter cumpridos 19 anos ou cumplilos no ano 2021.

+info--> aquí

Inscrición en probas de acceso a ciclos de grado medio: do 15 ao 26 de marzo

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio. Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

Parte sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

Parte matemática: matemáticas.

Parte científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

Calendario das probas de acceso aquí

Información das probas para grado medio aquí

Información das probas para grado superior aquí

Blogue Matemáticas Monelos

Temos novo blogue de matemáticas en Monelos

Botádelle unha ollada!

Os Mandadiños de Monelos: mércores

Os Mandadiños de Monelos - Entroido 2021

Ola 

Estade atentos porque este curso o Entroido en Monelos será diferente ao doutros anos. Temos que cumprir con todas as medidas de seguridade ás que nos obriga a pandemia e por iso non podemos organizar o concurso de comparsas. O que si podemos facer é o seguinte:

- A partir do martes que vén e ata o xoves, teredes que cumprir cunha serie de "mandados" que vos iremos poñendo por aquí, no  hall do instituto e na nosa conta de Twitter. O martes xa ten o seu  mandadiño asignado, o do mércores subirase o martes e así ata o xoves que será cando rematemos.

- O venres poderedes vir disfrazados pero tendo moito coidado en cumprir cos protocolos nas aulas, nas entradas e no patio. Estades a facelo moi ben así que non vos custará traballo seguir como ata o de agora. Tedes tamén a posibilidade de participar no consurso virtual de disfraces e gañar moitos premios.

Moi feliz entroido a todos!

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-22


O venres 23 de abril foron publicadas as listaxes de admitidos provisionais dos cursos nos que foi preciso baremar.

Poden ser consultadas a traves admisiónalumnado con certificado electronico ou ben no taboleiro do IES Monelos.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 18 de maio

  • 1º ESO
  • 3º ESO
  • 4º ESO
  • 1º Bacharelato de Ciencias

No resto de niveis non foi preciso baremar.


  • Vacantes previstas para o curso 2021-22
  • Lexislación. Ver
  • Mapa coas zonas de influencia. Ver
    • Alumnado ESO: área 16.
    • Alumnado de Bacharelato: áreas 16 e 24
  • Documento de solicitude. Ver
  • Aplicación para presentar a solicitude de admisión. Ver
  • Criterio complementario de admisión. Ver

30 de xaneiro: Concurso de carteis: día da Paz e da Non Violencia

 

1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 3º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 3º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2021. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do venres 29 de xaneiro.

9. O mércores 3 de febrero o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 1 de febreiro ao 5 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

 11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

2 de febreiro: Celebración do día da Candeloria


A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

O martes 2 de febreiro o ENDLG do IES Monelos pretende celebrar este día.

 

Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...

Na semana do 24 ao 29 de xaneiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa do correo ao longo desta semana.

No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso.

O martes 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Concurso Camiño Solidario

 

CONCURSO CAMIÑO SOLIDARIO

O EDLG do IES Monelos organiza un concurso a través do programa Pasaporte solidario dirixido a todo o alumnado do centro que desexe participar.

Este concurso está relacionado coa celebración Xacobeo durante este ano. Aproveitando, por outro lado, que o día 31 de xaneiro celébrase o día da Solidariedade, preténdese reflectir este tipo de valor fundamental.

O Certame Cancións no Camiño estará centrado polo tanto no tema  A solidariedade no Camiño de Santiago.

 BASES


1.    Dirixido a todo o alumnado do centro, establecéndose dúas categorías:


   A. De 1º a 3º da ESO.

 

   B. De 4º de ESO a 2º BAC.


 2. As letras das cancións deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.

 

3. Haberá un premio por valor de 50 € por cada categoría.

4. A data límite de entrega é o 29 de xaneiro.

5. Os traballos premiados daranse a coñecer o 2 de febreiro, día

da Candeloria.

Unitour - Salón de orientación universitaria - 14 de xaneiro

UNITOUR  (SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA)

Data •• xoves, 14  de xaneiro de 2021

Lugar •• PAZO DE CONGRESOS PALEXCO. Muelle de Transatlánticos, s/n

Horario •• de 15:30 a 16:30 ou de 16:30 a 18:00

Rexistro Obrigatorio en •• https://www.unitour.es/inscripcion-online/la-coruna. Para cumprir cos requisitos de aforo do recinto debe seleccionar no apartado “seleccione su acceso al evento”, unha das dúas franxas horarias (de 15:30 a 16:30 ou de 16:30 a 18:00).

Nesta edición, e pola seguridade de todos, conta con todas as medidas e recomendacións de seguridade e hixiene para facer de UNITOUR un evento seguro:

- Uso obrigatorio da máscara

- Xel e control de temperatura

- Rexistro obrigatorio a calquer asistente (alumn@s/familiares/docentes)

- Aforo limitado con control de acceso mediante QR

Detalle das medidas de seguridade e hixiene en https://www.unitour.es/Protocolo-COVID.pdf

Centros Participantes:

Centro Universitario de Artes TAI 

CESUGA - Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia 

CUNEF 

ESADE Business & Law School 

ESIC Business & Marketing School 

ESNE - Escuela Universitaria de Diseño, Innovación y Tecnología 

IEB 

IESIDE - Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa 

Resa, Residencias Universitarias 

U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital 

UIC Barcelona 

Universidad Camilo José Cela 

Universidad Complutense de Madrid 

Universidad de Navarra 

Universidad Europea (Campus de Madrid) 

Universidad Pontificia Comillas 

Universidade da Coruña 

Universidade de Santiago de Compostela 

Universidade de Vigo

Distribuir contido


by Dr. Radut