REFERENCIAS LEGAIS
- Resolución do 20 de setembro de 2021
- Decreto 92/1998 - [DOG do 29/04/1988]
- Decreto 324/1996 - [DOG do 9/28/1996]
SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
O día 28 de outubro fíxose o sorteo para establecer a composición dos membros da Xunta Electoral.
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
O día 5 de novembro de 2021, dentro do prazo estipulado na normativa anterior, queda constituída a Xunta Electoral que supervisará o procedemento de eleccións de renovación do Consello Escolar. Da súa primeira reunión, sairán aprobados o calendario e os procedementos de participación.
CALENDARIO NOVEMBRO
DÍA 5
Constitución da Xunta Electoral.
Apertura do prazo para a presentación de candidaturas.
Publicación dos censos provisionais.
Convocatoria de eleccións.
Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas de representantes do profesorado, alumnado e PND.
DÍA 15
Ás 14:00 horas remata o prazo para presentar candidaturas.
DÍA 16
Proclamación e publicación de candidatos.
Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais de pais, alumnado e PND.
Censos definitivos logo de atender as posibles reclamacións.
Aprobación das papeletas.
DÍA 22
Ás 12:00 horas claustro extraordinario informativo e constitución da mesa electoral para a elección dos representantes do profesorado.
DÍA 23
Ás 09:20 constitución das mesas do alumnado.
Ás 10:10 e 12:10 claustro extraordinario e votacións en xefatura de estudos.
Entre as 13:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 18:00 horas farase a votacións de nais/pais.
Entre as 08:30 e as 14:00 horas farase a votación doa alumnos en cada aula de grupo.
Reconto de votos, atención das posibles reclamacións e publicación dos candidatos electos.
DÍA 24
Proclamación dos candidatos electos e traslado de actas á Xefatura Territorial.