Skip to Content
 

Resumo Graduación 2021

RESUMO DA CELEBRACIÓN DA CERIMONIA DE GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE SEGUNDO DE BACHARELATO

BACHARELATO DE CIENCIAS

BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES

Camiño Solidario

 3º ESO de PMAR remata o seu camiño solidario en Santiago. O realiza o 26 de maio de 2021 despois dun curso cheo de tarefas e cousas aprendidas.

 

Santiago historia da arte (2º bacharelato) IES Monelos (2020-2021)

Excursión a Santiago do alumnado de 2º bacharelato de Historia da Arte (26-05-2021)

JAZZ THE SCHOOL

O pasado xoves 20 de Maio recibimos a visita do músico Daniel Casares, guitarrista de jazz natural de A Coruña. O evento estivo organizado polos Departamentos de Inglés e Música para os alumnos das Seccións Bilingües de Música de 2º e 3º de ESO. Tamén foron invitados os alumnos que compaxinan a súa formación no CMUS e no Conservatorio Profesional de Danza.

Durante a súa charla-concerto en inglés, Daniel ofreceunos unha perspectiva da historia do jazz dende os seus comezos ata as correntes máis vangardistas da actualidade, pasando por fitos como a era do swing, o bebop dos anos 40, etc. Ademais disto, Daniel compartiu as súas reflexións acerca do seu interese por este tipo de música, sobre o estudo da mesma a través da súa formación universitaria no estranxeiro - no prestixioso Berklee College of Music de Boston - e sobre a importancia de coñecer e dominar unha lingua como o inglés, tanto para o seu desenvolvemento profesional como persoal.

Ao rematar o concerto, os alumnos tiveron a oportunidade de intercambiar impresións e debatir acerca das músicas de actualidade e das posibilidades de adicarse profesionalmente a esta interesante forma de expresión artística.

Concurso de Microrrelatos

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER AS BASES DO CONCURSO

Campamentos Concello da Coruña

Premios extraordinarios de Bacharelato

Alumnado que rematou 2º de bacharelato e que obtivo unha media igual ou superior a 8,75 podería anotarse para participar nos Premios Extraordinarios.

O prazo remata o 26 de maio. Maís información aquí

Hai debate!

 

Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos coa colaboración do EDLG do centro. Participa o alumnado de 1º de bacharelato (do 25 de abril ao 17 de maio). No ano de Xela Arias.

 

24 horas co galego no IES Monelos (24/02/2021): datos para un balance

 Presentamos os resultados da enquisa formulada ao alumnado e profesorado do centro sobre o seguimento na participación das 24 horas co galego celebrado o Día de Rosalía (24/02/2021).

Datos para unha análise e unha reflexión agora que imos celebrar o 17 de maio, o día das Letras.

Acompañamos esta mostra cuns datos preocupantes sobre o uso do galego no ensino dun estudo feito pola Real Academia Galega.

Información da RAG recollida en Praza Pública

Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con "escasa competencia" en galego 

 

Xa está en marcha o Encontro IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz e IES Monelos!

O celebramos o martes 1 de xuño.Participará o alumnado de 4º de ESO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut