ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL
As Antenas de Información Xuvenil do noso IES durante este curso van ser Catalina Bago e Sabela García, dúas alumnas de 4º ESO.
Para divulgar a información, estas alumnas utilizarán a conta de Instagram do centro facilitada polo CMIX, utilizarán tamén a cortiza situada na planta baixa á beira da entrada da aula de Xurxo Lobato (como punto físico para colocar a información que consideren máis relevante) e na nosa revista Arredemo!
Enviaron desde o CMIX o primeiro boletín deste curso, recolle información moi interesante para o profesorado e o alumnado: axenda de actividades culturais (cinema, teatro, musicais, conferencias, exposicións..) e tamén concursos literarios, artísticos, científicos, etc. que poderían ser de interese académico para as clases. Este primeiro boletín xa o tedes colgado en Arredemo! (tedes o link na cabeceira desta web).