Benvida á web do IES Moncho Valcarce

                           

 

 

 

 

 

 

       Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

          Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

           Teléfono 881 93 00 55   –   Fax 881 93 00 64   –   ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal

 

                     Horario de atención ao público: de 08:30 a 14:10 h, de luns a venres (Secretaría: 881 93 00 56)

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Ciclo formativo de grao superior

 

 

 

Laboratorio de análise e de control de calidade

 

 

 

Prazo ordinario de admisión: ata o xoves 4-xullo-2024, inclusive

 

 

Web de solicitude de admisión en ciclos formativos

 

 

 

 

Máis adiante haberá un período de admisión extraordinario (ciclos liberados)

 

 

 

 

Calendario do proceso de admisión e matrícula en ciclos formativos 2024-2025

 

 

 

 

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

Lista de libros de texto curso 2024-2025

 

 

Actualizada o martes 2-xullo-2024

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Fondolibros 2024-2025

 

Préstamo de libros de texto de ESO do fondo solidario e axudas para mercar material escolar

 

Xa está publicada a convocatoria para pedir o préstamo de libros de texto de ESO para o curso 2024-2025 e as axudas para mercar material escolar

 

O PRAZO DE SOLICITUDE COMEZA O 21 DE MAIO E REMATA O VENRES 21 DE XUÑO DE 2024, ambos inclusive

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Admisión de alumnado para o próximo curso 2024-2025

 

  • No taboleiro de anuncios do centro están expostas as listas do alumnado dos centros adscritos que reservou praza ou solicitou a admisión para o próximo curso en 1.º ESO, 4.º ESO e 1.º bacharelato.
  • Todo o alumnado que reservou praza ou solicitou a admisión (do 1 ao 20 de marzo) está admitido.
  • Postos escolares vacantes a 25 de abril de 2024:
      • 1.º ESO: 19.
      • 2.º ESO: 14.
      • 3.º ESO: 11.
      • 4.º ESO: 22.
      • 1.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 31.
      • 1.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 10.
      • 2.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 34.
      • 2.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 18.
  • Máis información na secretaría do centro: 881 93 00 56 (de 08:30 a 14:10 h).

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ 

 

 

 

 

 

 

PREMIOS IX OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

 

                           

O xoves, 13 de xuño, ás 17:30 horas tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e diplomas dos concursos de SEECGalicia 2024.

Este foi o programa do acto: 1. Actuación musical do guitarrista Rubén Caneiro. 2. Intervención das persoas que presiden o acto: – Xosé Carracedo Fraga, Presidente de SEEC-Galicia. – Benedict Buono, Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC. – Elías Feijó Torres, Decano da Facultade de Filoloxía da USC. 3. Entrega de premios da XIX edición do concurso Odisea. 4. Entrega de diplomas e de premios da IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos. 5. Viño de honor.  

Parabéns!!!

III CONCURSO DE ESOPÍAS

 

 

Pechamos as actividades de Dinamización Lingüística deste curso 2023/2024 entregando os premios do III Concurso de Esopías. Esta actividade foi posible grazas á colaboración do Departamento de Matemáticas e o Departamento de Lingua Galega co Departamento de Normalización Lingüística. Cinco alumnas de 2º e 3º de ESO foron as premiadas.

Noraboa a todas!!!

 

1º DÍA DA CIENCIA

 

      

Pequena feira científica organizada polo Club de Ciencias para mostrar ao alumnado de 1º, 2º e 3ºESO a labor e o traballo realizado polo alumnado do Club durante o curso 2023/2024 

 

100% DE APROBADOS NA ABAU

 

A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce felicita ao alumnado de 2º de bacharelato polos resultados acadados na ABAU. Desexámoslles boa sorte nesta nova traxectoria vital e profesional.

PARABÉNS!!!

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"

 

O día 6 de xuño do 2024 o alumnado de 1º da ESO recibe unha charla co nome “Navega con rumbo” no que se explican os principais perigos do mal uso das redes sociais e internet, uso seguro de contrasinais, normas a seguir para un bo uso de internet.

 

EXPOSICIÓN LAPBOOK PROBLEMAS MEDIOAMBIETAIS

 

O alumnado de 2ºESO. Expoñeron na entrada do IES os seus traballos sobre problemas medioambientais. Os seus traballos explican , distintos danos como o deterioro da capa de ozono, o aumento de GEI e a relación co quencemento global e cambio climático, a choiva ácida ...

 

OBRADOIRO: CORRECTA SEPARACIÓN DE RESIDUOS

 

No marco do Día Mundial da Reciclaxe (17 de maio) e do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO asistiu a un obradoiro sobre a correcta separación dos residuos, impartido por unha colaboradora de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Neste taller, achegouse ao alumnado a importancia de clasificar os residuos antes de desbotalos, así e coma os diferentes colectores que teñen dispoñibles na súa contorna. Para finalizar a charla, visualizouse un breve documental sobre o uso que se lle dá á materia reciclada, transformando os residuos en enerxía. 

 

I CONCURSO CARTEIS "DEFENSA DA LINGUA NO COMERCIO DE AS PONTES"

 

Este curso  organizamos o primeiro concurso de carteis de defensa da lingua. Nesta edición centrámonos en promocionar o uso do galego nas actividades comericiais dos ponteses. Para realizar esta actividade , promovida polo Departamento de Normalizaciòn Lingüística e Departamento de Lingua Galega, o alumnado elaborou uns carteis no que debía aparecer un eslógan a favor da lingua, orixinal e creativo, ademais dunha imaxe atractiva. Unha vez reunido o xurado,  resultou gañador o cartel elaborado por dous alumnas de 2º de ESO (Cristina Costa e Lara Ramil). Este cartel foi colocado polos comercios colaboradores polo alumnado do instituto. Todos os carteis están expostos  no corredor da entrada do centro , dende a última semana de maio, xunto co gañador e o 2º clasificado feito por Sergio Jarel de 1º da Eso.

Noraboa aos gañadores  e a seguir dándolle vida á lingua!

 

Distribuir contido