A última semana do curso, e ata o 23 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Ciclo Superior de Electricidade recibiu o curso de Beckhoff, empresa que implementa sistemas de automatización abertos en base á tecnoloxía de control baseada en PC. O obxectivo foi capacitar a este alumnado para o desenvolvemento de aplicacións xenéricas con TwinCAT 3 PLC.
Parabéns ás persoas asistentes!