Skip to Content

Xoves de charlas na FP

O pasado xoves 16 de decembro foi unha xornada intensa no centro, pois nesta data desenvolvéronse, entre outras, as seguintes actividades destinadas ao alumnado de Formación Profesional:

- Para 2º curso de CM e CS das familias de Electricidade e Electrónica e de Administración e Xestión: charla Paradores.

 

Paradores é unha empresa pública con máis de 90 hoteis repartidos por toda a xeografía española, na que traballan 400 profesionais e cuxa misión é promocionar o turismo do país e protexer o patrimonio histórico e cultural.

 

D. José Antonio Cerdana, en representación da citada empresa, impartiu unha charla a este alumnado co obxectivo de darlla a coñecer como opción para a súa próxima inserción no mercado laboral.

- Para 1º e 2º curso de CM e 1º curso de CS da familia de Administración e Xestión: charla sobre seguridade informática, impartida por Jacob Fernández, enxeñeiro informático da empresa Repsol.

Neste caso, a conferencia enfocouse na importancia de manter os dispositivos electrónicos (móbiles, PCs, tablets...) seguros. Achegáronse distintas técnicas e recomendacións mínimas que calquera persoa usuaria pode poñer na práctica na súa vida cotiá.

AdxuntoTamaño
logoParadores.png6.16 KB


page | by Dr. Radut