Skip to Content

2 ESO



2º ESO. TECNOLOXÍAS

Indice de contidos:

UNIDADE 1. O proceso tecnolóxico

UNIDADE 2. Debuxo

UNIDADE 3. Materiais e madeira

UNIDADE 4. Metais

UNIDADE 5. Estruturas

UNIDADE 6. Electricidade

UNIDADE 7. O ordenador e os periféricos

UNIDADE 8. O software

UNIDADE 9. O procesador de textos

UNIDADE 10. Internet




Materiais e recursos didácticos: 

Libro de Tecnoloxías 2ºESO, de Ed.Santillana.




Avaliación e cualificación: 

A cualificación do alumnado será continuada ó longo do curso, xa que o proceso de ensino - aprendizaxe en tecnoloxía é o bastante interactivo como para que nos poidamos dar unha idea precisa de cada alumno e alumna así como de cada grupo. Avaliaranse e valoraranse os tres tipos de contidos, actitudinais, conceptuais e procedimentais.


► No relativo a o cómo e cándo avaliar, as ferramentas a utilizar son:


a) Observación na clase: Comportamento, participación, actitude e traballo persoal.

b) Caderno e documentos elaborados polos alumnos e alumnas: A través destes elementos pódese avaliar directamente unha serie de datos importantes, como a expresión gráfica e escrita, a orde, a limpeza, a capacidade para elaborar documentos técnicos sinxelos, o uso das distintas fontes de información, etc.

c) Probas e exercicios escritos: As aprendizaxes que se pretenden facer pódense afianzar mediante a realización de exercicios escritos, probas orais, manexo do ordenador e comprobación do uso correcto dos instrumentos de medida.

d) Proxectos técnicos e traballo de aula-taller: Respecto polas normas de seguridade, comportamento e convivencia, traballo persoal e de grupo, actitude e interese.


► No relativo á cuantificación de cada un dos aspectos da programación na avaliación o criterio a seguir será:
a) Probas escritas, cadernos e documentos relativos ós contidos teóricos da programación: 40%

b) Probas escritas e traballo de aula relacionados cos contidos de informática: 30%

c) Proxectos técnicos e traballo de aula-taller: 30%

 


Cabe destacar que a nota media da asignatura non será nunca superior a 4 si a cualificación nalgún destes apartados non chegara a 3.

           



Mínimos esixibles: 
  • Coñecer e comprender o concepto de tecnoloxía, así como as principais características que debe reunir un obxecto tecnolóxico.
  • Coñecer e ser capaces de levar á práctica as catro fases do proceso de creación dun obxecto tecnolóxico.
  • Identificar os avances tecnolóxicos que máis cambiaron a nosa vida ao longo da historia.
  • Representar a forma e dimensións dun obxecto en proxección diédrica proporcionado e intelixible.
  • Debuxar, a lapis e á man alzada, as pezas ou partes dun obxecto sinxelo, aplicando normas e convencións elementais de representación.
  • Realizar a perspectiva cabaleira de obxectos tecnolóxicos.
  • Debuxar a escala (redución e ampliación). Acotar perfectamente un debuxo.
  • Coñecer e diferenciar as propiedades máis importantes dos materiais.
  • Coñecer as propiedades da madeira e seleccionar distintos tipos en función da aplicación.
  • Manexo das ferramentas e as técnicas de unión e acabado da madeira.
  • Coñecer as propiedades básicas dos metais como material de uso técnico.
  • Coñecer os distintos metais e diferencialos en función das súas características propias.
  • Identificar de que metal están constituídos diferentes obxectos ou productos metálicos.
  • Utilizar as ferramentas de forma segura.
  • Impacto ambiental do uso de metais.
  • Identificar, en sistemas sinxelos, os seus elementos resistentes e os esforzos a que están sometidos.
  • Coñecer os distintos materiais das estruturas e a importancia que teñen na súa constitución e na adecuación ás súas aplicacións.
  • Resolver problemas sinxelos que contribúan a reforzar as estruturas.
  • Definir os conceptos de voltaxe, intensidade e resistencia.
  • Coñecer as unidades das principais magnitudes eléctricas no Sistema Internacional.
  • Describir a lei de Ohm e resolver problemas sinxelos.
  • Clasificar distintos tipos de materiais polas súas capacidades de condución ou illamento.
  • Describir os distintos elementos dun circuíto.
  • Diferenciar os conceptos de xeradores, receptores e elementos de control.
  • Montar circuítos con lámpadas en serie e en paralelo, e predicir seu funcionamento.
  • Diferenciar hardware e software.
  • Clasificar distintos periféricos segundo sexan de entrada, de saída ou de entrada e saída.
  • Sinalar as características principais da memoria RAM, os microprocesadores e os dispositivos de almacenamento.
  • Describir o uso doutros periféricos, sen entrar en detalles das súas características: módem, teclado, rato, impresoras, etc.
  • Explicar o significado do tamaño en píxeles dunha imaxe sobre o monitor, relacionándoo coa resolución da pantalla.
  • Iniciar e apagar un sistema operativo calquera (Linux, Windows).
  • Crear unha carpeta persoal con subcarpetas temáticas: fotos, textos, música. Copiar e mover arquivos dunhas carpetas a outras dentro desta carpeta persoal.
  • Crear accesos directos a aplicacións, carpetas ou documentos no escritorio.
  • Definir ofimática.
  • Crear distintos documentos co procesador de textos Writer e dominar as distintas posibilidades que ofrece: táboas, gráficos, formato de parágrafos e páxinas, impresión, diferentes tipos de letra, etc.
  • Definir rede informática e Internet.
  • Navegar con soltura dentro das páxinas dunha mesma web.
  • Buscar información de forma precisa nun buscador empregando palabras clave. Utilizar distintos criterios de busca.
  • Localizar información mediante un índice temático ou cunha enciclopedia virtual.




book | by Dr. Radut