Tecnoloxía

O LOSADA PARTICIPOU NA FINAL DA #LIGAMAKERDRONE

Despois de meses de preparación do proxecto, o grupo de alumnas e un alumno de 2º de ESO participou na final da Liga Maker Drone, na súa segunda edición, que se celebrou o pasado 5 de maio no Coliseum da Coruña. O equipo estaba formado por: Carla Álvarez, Antía Buela, Antía Campos, Lúa Fernández, Iria Requeijo, Julia Sinde, Vicky Tarrío, Alejandra Vega e Xián Torres, baixo a coordinación do profesor de Tecnoloxía, Emilio Villanueva.
A iniciativa está promovida pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións.
Foron 180 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de 18 centros escolares de toda Galician os que participaron nesta xornada de exhibición, na que probaron os seus traballos pensados para superar o reto desta edición: limpar os océanos con axuda dun sistema dron. Cómpre dicir que os equipos tiveron 6 meses para deseñar e construír un mecanismo de recollida de residuos, que debe ir instalado sobre o dron que lles facilitou a organización.
A Liga Maker Drone é unha iniciativa pioneira en España, xa que se trata da primeira liga autonómica escolar de drons na que os participantes deben construír un sistema encamiñado á solución dun problema social.

Un fallo no dron do equipo do Losada impediu o acceso aos premios, sen embargo o excelente traballo de preparación e de execución ata ese momento é digno de mención e felicitación.

Pode consultarse o resultado AQUÍ

O LOSADA FOI SELECIONADO PARA PARTICIPAR NA LIGA MAKER DRONE

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez foi seleccionado como un dos 18 centros de Galicia que van participar na LIGA MAKER DRONE, organizada e patrocinada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Trátase da segunda edición do campionato e é o único destas características en todo o estado.

A actividade iniciouse cunha  xornada de introdución e presentación aos drons e o seu funcionamento, destinada a todo o alumnado de Tecnolóxia de 2º ESO no salón de actos do centro e no Pavillón Coto Ferreiro.

En próximas datas será escollido un equipo de 9 rapaces e rapazas de 2º de ESO, coordinados polo profe Emilio Villanueva terán que resolver un reto coa axuda dun dron que terán que deseñar, construír, programar e pilotar eles e elas mesmas.

O día 4 de novembro o equipo desprazarase ao Auditorio da Fundación Barrié, na Coruña onde terá lugar a presentación do reto.

Despois dunha serie de sesións de preparación e de resolución  do reto, o 5 de maio, todo o alumnado de 2º acudirá ao Coliseum da Coruña para a xornada de exhibición de todos os drons dos 18 centros educativos.

A inciciativa foi amplamente recollida nos xornais: La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

 Podes ver máis imaxes da xornada inicial AQUÍ

#LIGAMAKERDRONE

https://ligamakerdrone.com/

PREMIO PARA UN VÍDEO REALIZADO POR ALUMNAS DO LOSADA

O video AS TICS CON XEITO:CONTRASINAIS, realizado polas alumnas Iria Pérez e Lara Rey a finais do curso pasado, coa colaboración do seu profe Emilio Villanueva foi premiado no certame estatal EMOVE FESTIVAL. O magnífico traballo foi premiado na categoría Reportaxes, 1º ciclo ESO. e o premio será entregado en datas vindeiras na capital do estado. Moitos parabéns!!! Aí queda o vídeo: