O IES Pl. Antón Losada Diéguez pon en marcha a Escola de familias. Este luns terá lugar a primeira actividade.
A iniciativa pretende crear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:
Como acompañar a saúde emocional da comunidade educativa?
Manuel Armas Castro – Psicólogo, Doutor en Ciencias da Educación, Coordinador do EOE (A Coruña) e especialista en trastornos de conduta.
Data: 27 de febreiro de 2023
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez
A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.
Manuel Armas Castro: é psicólogo e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é coordinador do Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña, un servizo con carácter provincial en Galicia que asesora e colabora cos Departamentos de Orientación no desenvolvemento das súas funcións. Asemade, é especialista na organización e desenvolvemento da atención educativa do alumnado que presenta trastornos graves de conduta. É un referente no campo da orientación educativa cunha ampla traxectoria profesional, investigadora e divulgativa en temas tan relevantes como a inclusión educativa, a convivencia, o benestar emocional e o enfoque sociocomunitario para a atención educativa do alumnado.
Actividades
A ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES
Inscrición actividades extraescolares 2014/15
Aquí poden descargar a solicitude de inscrición para as actividades extraescolares da ANPA.
Actividades extraescolares 2014/15
Xa están aquí as actividades extraescolares 2014/15 da ANPA con novas propostas como un taller de educación emocional e outro de relaxación.
Solicitude de inscrición
Aquí poden descargar a solicitude de inscrición para as actividades extraescolares da ANPA.