Orientación

ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA. 1ª ACTIVIDADE FORMATIVA CURSO 2O24_2025

Por terceiro curso consecutivo, o Losada pon en marcha esta iniciativa que naceu co obxectivo de crear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumnado (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible.

Despois do encontro mantido coas familias no pasado mes de outubro deste curso, do que xurdiron ideas e propostas, poñemos en marcha a programación deste ano.

A primeira actividade será:

TÍTULO: Educación afectivo sexual

RELATORA: Sabela Maceira Mato. Educadora social e sexóloga
Data: xoves 14 de novembro de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén. Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Sabela Maceira Mato, educadora social e sexóloga. Esta estradense realiza traballos de divulgación en diversidade de medios e asesoramento sexolóxico tanto a nivel individual como grupal. Actualmente, a súa actividade profesional principal é a elaboración e implementación de proxectos e obradoiros de educación sexual para persoas de todas as idades, traballando en centros educativos (dende infantil ata FP, bacharelato ou persoas adultas), grupos de mulleres, concellos, asociacións de persoas con discapacidade ou residencias de persoas adulta maiores.

 

 

Orientación

Profesorado que integra o departamento:

  • Ares Diz, Juan Carlos
  • Cabada Rodríguez, Anxos
  • Parada Gañete, Ana

Xefe do departamento:

  • Parada Gañete, Ana

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO 2023-2024

Xa están convocados os Premios Extraordinarios da ESO ao rendemento académico. Curso 2023-2024


Dirixidos ao alumnado de 4º da ESO cunha nota media da etapa igual ou superior a 9 puntos. O alumnado que obteña o premio recibirá unha dotación económica de 1000 euros e un diploma acreditativo.
Realización da proba: 4 de setembro de 2024 
Presentación de solicitudes: debe presentarse o Anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou, directamente, desde a propia aplicación «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
Prazo: 6 xuño – 6 xullo 2024
Acceso á convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/premios_esorend_2324_convocatoria_dog_g.pdf

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BOLSAS E AXUDAS NEAE

Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2024/2025 ata o 13 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro. 

NOVA ACTIVIDADE DA ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA

A ESCOLA DE FAMILIAS do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez presenta unha nova actividade desta iniciativa que naceu o curso pasado co obxectivo de crear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento o noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. 

Despois do encontro mantido coas familias no primeiro trimestre deste curso, e da interesantísima sesión sobre Redes sociais e saúde mental na adolescencia, compartida coa psiquiatra Iria Veiga Ramos, celebrada en xaneiro, presentamos unha nova actividade:


O acoso escolar. Que poden facer as familias?
Martina Martínez e Norma Pillado
Data: xoves 9 de maio de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada. O convite faise extensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Martina Martínez. Mestra e psicóloga. Dende o ano 2006 orientadora de Educación Secundaria. Coordinadora de programas de convivencia e de igualdade e de Plans de Formación Permanente do Profesorado nas liñas de convivencia, igualdade e atención á diversidade. Ten formación especializada en convivencia, benestar emocional e prevención do acoso escolar. 

Norma Pillado. Docente de Educación Física en secundaria dende o ano 2000. Coordinadora de programas de convivencia como Equipo de Alumnado Axudante á Convivencia ou o Programa TEI de Titoría entre Iguais. Dirixe a súa formación e a súa práctica docente coa firme convicción de que a familia, o alumnado e o profesorado son eixes fundamentais na educación para a mellora da convivencia. Actualmente cursa o máster de acoso escolar e mediación.

AS IMAXES DA ACTIVIDADE AQUÍ

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Aberto o prazo dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 para a solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

As axudas están dirixidas ao alumnado de: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

Resolución da convocatoria AQUÍ

Podes ampliar información aquí ou poñerte en contacto co Departamento de Orientación do centro.

CONVOCATORIA AXUDASLE PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

Axudas dirixidas ao alumnado para a realización de actividade de formación en linguas estranxeiras (ano 2024)

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de publicar a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, dirixida ao alumnado de 1º ou 2º de bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo (incluído). Para ampliar información podese consultar un “Cartel informativo” sobre as axudas, a convocatoria publicada no DOG e a aplicación para realizar a solicitude.

ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA. CURSO 2023-2024

d

 

O IES Pl. Antón Losada Diéguez retoma as actividades da Escola de Familias

 

Por segundo curso consecutivo, o Losada pon en marcha esta iniciativa que  naceu co obxectivo decrear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento o noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. 

Despois do encontro mantido coas familias no primeiro trimestre deste curso, do que xurdiron ideas e propostas, poñemos en marcha a programación deste ano.

A primeira actividade será:

Redes sociais e saúde mental na adolescencia.
Iria Veiga Ramos – Psiquiatra
Data: xoves 25 de xaneiro de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Iria Veiga (Ferrol, 1981). Médica psiquiatra e divulgadora científica. Exerce a psiquiatría no Hospital Psiquiátrico de Conxo e colabora cunha columna de opinión na que falo sobre ciencia en Nós Diario. Participou en diversas iniciativas relacionadas coa lingua e a divulgación científica, como Escépticos no Pub, Pint of Science, Naukas Coruña, Concienciadas, LGx15, O galego a miña lingua propia e a canle de Twitch Balea Vermella, xunto a Javier Balea, na que realizamos entrevistas e conversas sobre ciencia. Tamén realiza actividades de divulgación sobre saúde mental en centros de ensino.

PODES VER AS FOTOS DA ACTIVIDADE AQUÍ

AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)

 
Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2023/2024 ata o 20 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro. 

NOVA ACTIVIDADE DA ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA

O IES Pl. Antón Losada Diéguez continúa coas actividades da Escola de Familias

A iniciativa da Escola de Familias naceu co obxectivo decrear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:

Impacto da tecnoloxía na adolescencia. Claves para educar na era dixital
Antonio Rial Boubeta – Doutor e Piscoloxía e profesor titular da USC.
Data: 18 de maio de 2023
Hora: 19.00
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Antonio Rial Boubeta. Doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela. Director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da saúde. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol. Dirixíu en 2019 un dos maiores estudios realizados en España sobre o problema do Xogo en menores. É coautor do libro “Adolescentes y Nuevas Tecnologías: una responsabilidad compartida”. Ven de dirixir o Estudio sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, levado a cabo por UNICEF cunha mostra de mais de 50.000 estudantes de secundaria.