O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez foi seleccionado como un dos 18 centros de Galicia que van participar na LIGA MAKER DRONE, organizada e patrocinada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Trátase da segunda edición do campionato e é o único destas características en todo o estado.
A actividade iniciouse cunha xornada de introdución e presentación aos drons e o seu funcionamento, destinada a todo o alumnado de Tecnolóxia de 2º ESO no salón de actos do centro e no Pavillón Coto Ferreiro.
En próximas datas será escollido un equipo de 9 rapaces e rapazas de 2º de ESO, coordinados polo profe Emilio Villanueva terán que resolver un reto coa axuda dun dron que terán que deseñar, construír, programar e pilotar eles e elas mesmas.
O día 4 de novembro o equipo desprazarase ao Auditorio da Fundación Barrié, na Coruña onde terá lugar a presentación do reto.
Despois dunha serie de sesións de preparación e de resolución do reto, o 5 de maio, todo o alumnado de 2º acudirá ao Coliseum da Coruña para a xornada de exhibición de todos os drons dos 18 centros educativos.
A inciciativa foi amplamente recollida nos xornais: La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Podes ver máis imaxes da xornada inicial AQUÍ
#LIGAMAKERDRONE