Despois de meses de preparación do proxecto, o grupo de alumnas e un alumno de 2º de ESO participou na final da Liga Maker Drone, na súa segunda edición, que se celebrou o pasado 5 de maio no Coliseum da Coruña. O equipo estaba formado por: Carla Álvarez, Antía Buela, Antía Campos, Lúa Fernández, Iria Requeijo, Julia Sinde, Vicky Tarrío, Alejandra Vega e Xián Torres, baixo a coordinación do profesor de Tecnoloxía, Emilio Villanueva.
A iniciativa está promovida pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións.
Foron 180 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de 18 centros escolares de toda Galician os que participaron nesta xornada de exhibición, na que probaron os seus traballos pensados para superar o reto desta edición: limpar os océanos con axuda dun sistema dron. Cómpre dicir que os equipos tiveron 6 meses para deseñar e construír un mecanismo de recollida de residuos, que debe ir instalado sobre o dron que lles facilitou a organización.
A Liga Maker Drone é unha iniciativa pioneira en España, xa que se trata da primeira liga autonómica escolar de drons na que os participantes deben construír un sistema encamiñado á solución dun problema social.
Un fallo no dron do equipo do Losada impediu o acceso aos premios, sen embargo o excelente traballo de preparación e de execución ata ese momento é digno de mención e felicitación.
Pode consultarse o resultado AQUÍ