Skip to Content

Reinicio da actividade lectiva presencial, con caracter voluntario, nos 2º cursos de bacharelato e ciclos formativos

En cumprimento da Resolución do 22/05/2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o IES Leliadoura retomará a partir do luns día 25 a actividade lectiva, con carácter voluntario, para o alumnado de 2º cursos de bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio e superior.

Non pode acudir ao centro o alumnado con síntomas compatibles co COVID-19, diagnosticados de COVID19 ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.



blog | by Dr. Radut